Obter Debian

Debian distribúese gratis e libre por internet. Pode descargalo na súa totalidade desde calquera das nosas réplicas. O manual de instalación contén instrucións detalladas para a súa instalación.

Se só quere instalar Debian, estas son as súas opcións:

Descargar unha imaxe de instalación

Dependendo da súa conexión de internet, pode descargar unha das seguintes:

Probe Debian «live» antes de instalar

Pode probar Debian iniciando un sistema «live» desde un CD, DVD ou dispositivo USB, sen instalar ningún ficheiro no computador. Canto estea listo, pode executar o instalador incluído. Se as imaxes encaixan co tamaño, idioma e selección de paquetes que vostede require, este método pode ser o que mellor lle encaixe. Pode ler máis información sobre este método para decidirse.

Mercar un lote de CDs ou DVDs dun dos distribuidores que vende CDs de Debian

Moitos dos distribuidores venden a distribución por menos de 5 dólares americanos máis gastos de envío (consulte a súa páxina para saber se fan envíos internacionais).
Algúns dos libros sobre Debian tamén veñen con CDs.

As avantaxas básicas dos CDs son:

  • A instalación desde un conxunto de CDs é máis directa.
  • Pode instalar en máquinas sen conexión a internet.
  • Pode instalar Debian (en tantas computadoras como queira) sen ter que descargar todos os paquetes vostede mesmo.
  • O CD pode ser usado para recuperar facilmente un sistema Debian danado.

Mercar un computador con Debian preinstalado

Isto ten varias avantaxas:

  • Non ten que instalar Debian.
  • A instalación está preconfigurada para encaixar co hardware.
  • O distribuidor posiblemente dea asistencia técnica.