Razóns para escoller Debian

Gracias por considerar usar Debian para manexar a súa computadora. Se inda non está de todo convencido de porqué debería probar Debian, considere o seguinte:

Mantéñeno os seus propios usuarios.
Se hai que arranxar ou mellorar algo, simplemente facémolo.
Asistencia sen comparación
Os correos enviados ás listas de correo soen obter resposta en 15 minutos (ou menos), gratis, e pola xente que o desenvolveu. Compáreo ca típica asistencia telefónica: horas gastadas ao teléfono, pagando, só para contactar con alguén que non coñece o sistema o suficiente como para entender a súa pregunta.
Non estará só na súa escolla
Un amplo abanico de organizacións e persoas usan Debian. Comprobe a nosa páxina Quen usa Debian? para ver unha descrición de algúns dos sitios destacados que usan Debian, e decidiron enviar unha breve descrición de como e porqué usan Debian.
O mellor sistema de empaquetado do mundo.
Cansado de ter arquivos vellos de software de fai tres versións embarullando o seu sistema? Ou de instalar un aplicativo só para atopar que provoca que o sistema rompa debido a conflitos de software? «Dpkg», o robusto sistema de paquetes de Debian, ocúpase destes temas por vostede.
Fácil instalación
Se escoitou que Debian é difícil de instalar, é que non probou Debian ultimamente. Estamos constantemente mellorando o proceso de instalación. Pode instalar directamente de CD, DVD, Blu-ray, dispositivos USB ou incluso desde a rede.
Unha incríbel cantidade de software
Debian vén con uns 37500 paquetes de software. Cada bit dos que os compoñen é libre. Se ten software propietario que funciona baixo GNU/Linux ou GNU/kFreeBSD, tamén poderá usalo - de feito, pode que incluso haxa un instalador en Debian que o instale automaticamente e configure todo por vostede.
Paquetes ben integrados
Debian supera a todas as outras distribucións no ben que están integrados os paquetes. Debido a que todo o software é empaquetado por un grupo coherente, non só se poden atopar todos os paquetes en un mesmo sitio, se non que pode estar seguro de que xa arranxamos todos os problemas relacionados con complicadas dependencias. Inda que pensamos que o formato «deb» ten algunhas vantaxes sobre o formato «rpm», é a integración entre paquetes o que fai de Debian un sistema máis robusto.
Código fonte
Se vostede é desenvolvedor de software, apreciará o feito de que haxa centos de ferramentas de desenvolvemento e linguaxes, ademais de millóns de liñas de código fonte no sistema base. Todo o software na distribución principal (main) cumpre cos criterios das directrices de software libre de Debian (DFSG). Isto significa que pode usar libremente este código para estudalo ou para incorporalo en outros proxectos libres. Tamén hai moreas de ferramentas e código axeitados para usar en proxectos propietarios.
Actualizacións sinxelas
Gracias ao noso sistema de paquetes, actualizar a unha nova versión de Debian está tirado. Simplemente execute apt-get update ; apt-get dist-upgrade (ou aptitude update; aptitude dist-upgrade nas versións máis recentes) e pode actualizar desde un CD en cuestión de minutos ou apuntar «apt» a unha das máis de 300 réplicas de Debian e actualizar desde a rede.
Múltiples arquitecturas e núcleos
Actualmente Debian permite usar un impresionante número de arquitecturas de CPU: alpha, amd64, armel, hppa, i386, ia64, mips, mipsel, powerpc, s390 e sparc. Tamén pode funcionar cos núcleos GNU Hurd e FreeBSD aparte de Linux, e co utensilio «debootstrap» resultaralle difícil atopar un dispositivo que non poida usar Debian.
Sistema de seguimento de fallos
O sistema de seguimento de fallos de Debian é público. Non tratamos de ocultar o feito de que o software non sempre se executa como o usuario quere. Anímaselles aos usuarios a enviar informes de fallos e serán notificados de cando e porqué se pechou o informe. Este sistema permítelle a Debian responder rápida e honestamente aos problemas.

Se inda non é un usuario de Debian, podería tamén gozar dos seguintes beneficios:

Estabilidade
Hai moitos casos de máquinas que funcionan durante un ano sen reiniciar. E cando o fan fano só por un fallo eléctrico, ou por unha ampliación de hardware. Compare iso con outros sistemas, que se colgan varias veces ao día.
Rápido e lixeiro en memoria
Pode que outros sistemas operativos sexan igual de rápidos en algunhas áreas, pero estando baseado en GNU/Linux ou GNU/FreeBSD, Debian está preparado para o traballo duro. O software para Windows executado desde GNU/Linux usando un emulador ás veces vai máis rápido que no seu ambiente nativo.
Os controladores para a maioría do hardware son desenvolvidos por usuarios de GNU/Linux ou GNU/kFreeBSD, non polos fabricantes.
Inda que isto poida provocar esperas antes de poder usar novo hardware, ou que haxa hardware que non se poida usar, permitirá poder mantelo tempo despois de que o fabricante deixe de producilo ou de que peche. A experiencia móstranos que os controladores de código aberto son normalmente moito mellores que os propietarios.
Un bo sistema de seguridade
Debian e a comunidade de software libre son moi receptivos, para asegurarse de que os arranxos dos problemas de seguridade se introduzan rapidamente na distribución. Normalmente os paquetes arranxados sóbense en un par de días. A dispoñibilidade do código fonte permite avaliar a seguridade en Debian de forma aberta, o que prevé a implementación de modelos de baixa seguridade. Ademais, a maioría dos proxectos de software libre usan sistemas de revisión entre iguais, o que prevé a introdución de potenciais problemas de seguridade nos sistemas esenciais.
Software de seguridade
Aínda que é algo descoñecido por moitos, calquera cousa que envíe pola rede pode ser lida por calquera máquina entre vostede e o receptor. Debian ten paquetes do famoso software GPG (e PGP) , que permite enviar correos de forma privada entre usuarios. Ademais, «ssh» permítelle crear conexións seguras a outras máquina que teñan «ssh» instalado.

Por suposto, Debian non é perfecto. As queixas son principalmente sobre tres áreas:

Falta de software comercial popular.

É certo que algún software comercial popular non está dispoñíbel para Debian. Pero si hai programas substitutos para a maioría deles, deseñados para imitar as mellores características dos programas propietarios, co valor engadido de ser software libre.

A falta de programas de ofimática como Word ou Excel non debería ser máis un problema, xa que Debian inclúe tres suites ofimáticas compostas totalmente de software libre: LibreOffice, Calligra e as aplicacións de ofimática de GNOME.

Tamén están dispoñíbeis varias suites ofimáticas propietarias: Applixware (Anyware), Hancom Office, Axene entre outras.

Para os que estean interesados nas bases de datos, Debian vén con dous famosos programas de bases de datos: MySQL e PostgreSQL. Tamén están dispoñíbeis para GNU/Linux: SAP DB, Informix, IBM DB2 entre outras.

Moito máis software propietario está chegando, segundo as compañías van descubrindo o poder de GNU/Linux / GNU/kFreeBSD e o seu mercado case sen explotar, e un número crecente de usuarios (xa que GNU/Linux e GNU/kFreeBSD se distribúen libremente, non se poden usar os números de ventas como estimación. As mellores estimacións poñen a GNU/Linux con un 5% do mercado, que son uns 15 millóns de usuarios a principios de 2001).

Debian é difícil de configurar.
Fíxese que di configurar, non instalar, xa que moita xente atopa a instalación inicial de Debian máis sinxela que a de Windows. Moito hardware (impresoras, por exemplo) podería ser máis fácil de instalar. Ademais, algún software podería ter scripts que asistisen ao usuario na configuración (polo menos para as configuracións máis comúns). EStase a traballar nesta áreao.
Non se pode usar todo o hardware.
En particular, pasa co hardware realmente novo, realmente vello ou realmente raro. Tamén co hardware que depende de controladores complexos que o fabricante só proporciona para as plataformas Windows ( modems software ou algúns dispositivos wifi de portátiles, por exemplo). Aínda así, na maioría dos casos hai dispoñíbel hardware equivalente que si funciona con Debian. Algún hardware non funciona porque o vendedor escolle non publicar as especificacións do hardware. Nesta área tamén se está traballando.

Se todo o dito non alcanza para convencelo de usar Debian, considere o seguinte: baixo custo (tan baixo como o custo dunha conexión de rede), instalación sinxela e multitarefa real que podería facilmente duplicar a súa produtividade. Como pode permitirse non probalo?