Información sobre a publicación de Debian «jessie»

O nome en clave da seguinte versión maior de Debian despois de wheezy é «jessie».

Esta version comezou como unha copia de «wheezy», e está agora mesmo nun estado chamado probas (testing). Isto significa que as cousas non deberían romper tanto como nas distribucións «unstable» ou «experimental», xa que aos paquetes só se lles permite entrar nesta distribución despois dun certo período de tempo, sempre e cando non se informara de ningún fallo neles crítico para a publicación.

Advírteselle de que as actualizacións de seguridade para a distribución «testing» non os xestiona aínda o equipo de seguridade. Por iso, «testing» non recibe actualizacións de seguridade suficientemente rápido. Se precisa asistencia de seguridade recoméndaselle cambiar as súas entradas de «sources.list» de «testing» a «wheezy» polo de agora. Consulte tamén a entrada no FAQ do equipo de seguridade sobre a distribución «testing».

Para obter imaxes de instalación e documentación sobre como instalar «testing» consulte a páxina do instalador de Debian.

Para saber máis sobre o funcionamento da distribución «testing», consulte a información dos desenvolvedores sobre ela.

A xente pregunta a miúdo se non hai un medidor de progreso da versión. Desafortunadamente non o hai, pero podemos indicar varios lugares onde se describen os asuntos que deben resolverser para que poida ter lugar a publicación dunha nova versión:

Ademais, o xestor da publicación envía informes sobre o estado en xeral da mesma na lista de correos «debian-devel-announce».