Información da publicación de Debian «squeeze»

Debian 6.0.9 publicouse o 15 de Febreiro de 2014. Debian 6.0.0 publicouse inicialmente o 06 de Febreiro de 2011. Esta versión incluíu grandes cambios, descritos na nota de prensa e nas notas da versión.

Debian 6.0 foi sustituída por Debian 7.0 (wheezy).

Para obter e instalar Debian, consulte a páxina de información sobre a instalación e a guía de instalación. Para actualizar dunha versión anterior de Debian, lea as instrucións nas notas da versión.

Esta versión permite usar as seguintes arquitecturas de computadores:

Contrario aos nosos desexos, pode que haxa algúns problemas nesta versión, a pesar de declararse estable. Fixemos unha lista dos problemas coñecidos máis importantes, e vostede sempre pode informarnos doutros problemas.

Por último, pero non por iso menos importante, temos unha lista das persoas ás que darlle o crédito por facer que esta versión exista.