Debian 6.0 -- Informar sobre problemas

Coas notas da versión

Os erros nas notas da versión deben ser enviados como fallos no pseudo-paquete release-notes. A discusión sobre ese documento coordínase desde a lista de correo «debian-doc», en <debian-doc@lists.debian.org>. Se ten problemas co documento que non sexan apropiados para un informe de fallo, probablemente deba enviar un correo á lista no seu lugar.

Coa instalación

Se ten algún problema co sistema de instalación, envíe informes de fallos no paquete installation-reports. Cubra o modelo de informe para asegurarse de que inclúe toda a información precisa.

Se ten suxestións ou correccións para a guía de instalación, debería envialos como informes de fallos no paquete installation-guide, que é o paquete fonte onde se mantén esa documentación.

Se ten problemas co sistema de instalación que non sexan axeitados para un informe de fallo (por exemplo, non está seguro de que sexa un fallo, o apartado en concreto é confuso, etc.) probablemente deba enviar un correo á lista de correos <debian-boot@lists.debian.org>.

Cunha actualización

Se ten problemas actualizando o seu sistema desde versións anteriores, envíe un informe de fallo no paquete upgrade-reports, que é o pseudo-paquete usado para seguir esta información. Para obter máis información sobre como enviar informes de actualizacións consulte as notas da versión.

Calquera outro problema

Se ten problemas co sistema despois da instalación, debería tratar de identificar o paquete causante e enviar un informe de fallo nese paquete.