Información sobre a publicación de Debian «wheezy»

Debian 7.6 publicouse o 12 de Xullo de 2014. Debian 7.0 publicouse inicialmente o 04 de Maio de 2013. Esta versión incluíu grandes cambios, descritos na nosa nota de prensa e nas notas da versión.

Para obter e instalar Debian, consulte a páxina de información sobre a instalación e a guía de instalación. Para actualizar dunha versión anterior de Debian, lea as instrucións nas notas da versión.

Esta versión permite usar as seguintes arquitecturas de computadores:

Contrario aos nosos desexos, pode que haxa algúns problemas nesta versión, a pesar de que se declare estable. Fixemos unha lista dos problemas coñecidos máis importantes, e vostede sempre pode informarnos doutros problemas.

Por último, pero non por iso menos importante, temos unha lista das persoas ás que darlle o crédito por facer que esta versión exista.