
         Notas da Versión de Debian 12 (bookworm), 32-bit PC


---------------------------------------------------------------------

Proxecto de Documentación Debian (https://www.debian.org/doc/)

    Este programa é software libre: vostede pode redistribuílo e/ou
    modificalo baixo os termos da Licenza pública Xeral de GNU
    versión 2, publicada pola Free Software Foundation.

    Este programa é distribuído coa esperanza de que sexa útil, pero
    SEN NINGUNHA GARANTÍA; nin sequera a garantía implícita de
    COMERCIALIDADE ou ADECUACIÓN PARA ALGÚN PROPÓSITO PARTICULAR.
    Consulte a Licenza Pública Xeral GNU para máis información.

    Debería ter recibido unha copia da Licenza pública xeral GNU
    xunto con este programa; se non fora así, escríballe á Free
    Software Foundation Inc., 51 Franklin Street, Fifth Floor,
    Boston, MA 02110-1301, USA.

    A licenza tamén pode consultarse en https://www.gnu.org/licenses/
    gpl-2.0.html (https://www.gnu.org/licenses/gpl-2.0.html) e /usr/
    share/common-licenses/GPL-2 nos sistemas Debian.

---------------------------------------------------------------------

Índice

1. Introdución

    1.1. Avise de erros neste documentos
    1.2. Colaborando con informes de actualización
    1.3. Fontes deste documento

2. Novidades en Debian 12

    2.1. Arquitecturas compatibles
    2.2. Áreas do arquivo
    2.3. Que novidades hai na distribución?

        2.3.1. Ambientes de escritorios e paquetes famosos
        2.3.2. Traducíronse máis páxinas do manual
        2.3.3. Novas da Mestura Debian Med
        2.3.4. Novas da Mestura Debian Astro

3. Instalación do Sistema

    3.1. Que novidades hai no sistema de instalación?
    3.2. Contedores e imaxes de Máquinas Virtuais

4. Actualizar dende Debian 11 (bullseye)

    4.1. Prepararse para a actualización

        4.1.1. Faga copias de seguridade dos seus datos e
            configuracións
        4.1.2. Informe aos usuarios con tempo
        4.1.3. Prepárese para desconectar os servizos
        4.1.4. Preparase para a recuperación
        4.1.5. Preparar un ambiente seguro para a actualización

    4.2. Comezar a partir dun Debian « puro »

        4.2.1. Actualizar a 11 (bullseye)
        4.2.2. Actualizar á última versión punto
        4.2.3. Backports de Debian
        4.2.4. Preparar a base de datos de paquetes
        4.2.5. Eliminar paquetes obsoletos
        4.2.6. Eliminar os paquetes non provenientes de Debian
        4.2.7. Eliminar ficheiros de configuración sobrantes
        4.2.8. Os compoñentes non-free e non-free-firmware
        4.2.9. Sección de actualizacións propostas
        4.2.10. Fontes non oficiais
        4.2.11. Desactivar bloqueos no APT
        4.2.12. Asegúrese de que ten gpgv instalado
        4.2.13. Comprobar o estado do paquete

    4.3. Preparar os ficheiros de fontes de APT

        4.3.1. Engadir fontes de Internet a APT
        4.3.2. Engadir fontes APT dun servidor espello local
        4.3.3. Engadir fontes APT dun medio óptico

    4.4. Actualizar paquetes

        4.4.1. Gravar a sesión
        4.4.2. Actualizar a lista de paquetes
        4.4.3. Asegúrese de que ten espazo dabondo para actualizar
        4.4.4. Parar de supervisar sistemas
        4.4.5. Actualización mínima do sistema
        4.4.6. Actualizar o sistema

    4.5. Problemas que poden ocorrer durante a actualización

        4.5.1. Full-upgrade falla e salta con « Could not perform
            immediate configuration », ou con « Non foi posíbel facer
            a configuración inmediata »
        4.5.2. Eliminacións esperadas
        4.5.3. Conflitos ou bucles de dependencias
        4.5.4. Conflitos de ficheiros
        4.5.5. Cambios na configuración
        4.5.6. Cambiar a sesión á consola

    4.6. Actualizar o núcleo e paquetes relacionados

        4.6.1. Instalar un núcleo coma metapaquete

    4.7. Prepararse para a seguinte versión

        4.7.1. Purgar paquetes eliminados

    4.8. Paquetes obsoletos

        4.8.1. Paquetes temporais alfaremes

5. Problemas a ter en conta con bookworm

    5.1. Actualizar elementos específicos para bookworm

        5.1.1. O «firmware» non libre moveuse a un compoñente do
            arquivo separado
        5.1.2. Cambios aos paquetes que modifican o reloxo do sistema
        5.1.3. Sistema de xestión de configuración «Puppet»
            actualizado á versión 7
        5.1.4. yt-dlp substitúe a youtube-dl
        5.1.5. Non se poderán instalar varias versións de fcitx en
            paralelo
        5.1.6. Os nomes dos paquetes de MariaDB xa non inclúen os
            números da versión
        5.1.7. Cambios no sistema de rexistros
        5.1.8. Cambios en rsyslog que afectan a analistas de
            rexistros, por exemplo a logcheck
        5.1.9. rsyslog creará menos ficheiros de rexistros
        5.1.10. Pode que a actualización de slapd precise dunha
            intervención manual
        5.1.11. GRUB xa non executa os-prober automáticamente
        5.1.12. GNOME reduciu a accesibilidade de lectores de
            pantalla
        5.1.13. Salto da arquitectura base de 32-bit PC ai686
        5.1.14. Cambios na configuración de polkit
        5.1.15. A partir de agora precisarase « /usr fusionado »
        5.1.16. As actualizacións non permitidas dende buster fallan
            en libcrypt1
        5.1.17. Cousas que facer despois da actualización antes de
            reiniciar

    5.2. Cousas non exclusivas do proceso de actualización

        5.2.1. Limitacións na asistencia técnica sobre seguridade
        5.2.2. Intérpretes de Python marcados coma xestionados
            externamente
        5.2.3. Compatibilidade limitada para a codificación/
            descodificación de vídeo acelerada por hardware en VLC
        5.2.4. systemd-resolved foi separado a un novo paquete
        5.2.5. systemd-boot foi separado a un novo paquete
        5.2.6. systemd-journal-remote xa non usará GnuTLS
        5.2.7. Moitas modificacións a adduser en bookworm
        5.2.8. Nomeamento previsible das interfaces de rede de Xen
        5.2.9. Cambios en como dash interpreta o acento circunflexo
        5.2.10. netcat-openbsd é compatible con socket abstractos

    5.3. Obsolescencia e deprecación

        5.3.1. Paquetes obsoletos importantes
        5.3.2. Compoñentes deprecados para bookworm

    5.4. Fallos graves coñecidos

6. Máis información en Debian

    6.1. Lecturas recomendadas
    6.2. Obter axuda

        6.2.1. Listas de correo
        6.2.2. Internet Relay Chat (IRC)

    6.3. Informar de erros
    6.4. Colaborar con Debian

A. Xestionar o seu sistema bullseye antes de actualizar

    A.1. Actualizando o seu sistema bullseye
    A.2. Comproba os seus ficheiros de fontes APT
    A.3. Performing the upgrade to latest bullseye release
    A.4. Eliminar ficheiros de configuración obsoletos

B. Contribuíntes das Notas da Versión
Índice
Glosario

Capítulo 1. Introdución

    O obxectivo deste documento é informar aos usuarios da
    distribución Debian sobre os principais cambios na versión 12
    (alcumada bookworm).

    As notas da versión conteñen máis información sobre como se pode
    actualizar de forma segura dende a versión 11 (alcumada bullseye)
    á versión actual e informan aos usuarios dos posibles problemas
    que se sabe poden ocorrer.

    Podes obter a última versión deste documento en https://
    www.debian.org/releases/bookworm/releasenotes (https://
    www.debian.org/releases/bookworm/releasenotes) .

    Cuidado

    Teña en conta que é imposible amosar todos os problemas que se
    coñecen, polo que foi necesario facer unha selección baseándose
    na probabilidade de que ocorran e o seu impacto.

    Lembre que só lle damos asistencia técnica para actualizar dende
    a versión de Debian anterior (neste caso, actualizar dende
    bullseye). Se necesitas actualizar dende versións anteriores,
    suxerímoslle que lea as edicións anteriores das notas da versión
    e actualice antes a bullseye.

1.1. Avise de erros neste documentos

    Probamos todos os diferentes pasos descritos neste documento para
    realizar a actualización e intentamos anticiparnos a todos os
    problemas que se poidan atopar os nosos usuarios.

    De todas formas se vostede cre que atopou un fallo (información
    errónea ou ausente) nesta documentación, por favor abra unha
    petición no sistema de seguimento de fallos (https://
    bugs.debian.org/) sobre o paquete release-notes. Revise os
    informes de fallos anteriores (https://bugs.debian.org/
    release-notes) en caso de que alguén xa informara sobre o
    problema que atopou. Engada sen medo nova información aos
    informes xa existentes se pode contribuír con contido para este
    documento.

    Agradecémoslle, e animámoslle a, que engada parches nas fontes do
    documento xunto cos informes. Pode obter máis información de como
    obter as fontes deste documento en Sección 1.3, « Fontes deste
    documento ».

1.2. Colaborando con informes de actualización

    Toda colaboración por parte dos usuarios relacionada coas
    actualizacións dende bullseye a bookworm é benvida. Se esta
    disposto a compartir información por favor abra unha petición no
    sistema de seguimento de fallos (https://bugs.debian.org/) sobre
    o paquete upgrade-reports coas súas achegas. Pedímoslle que
    comprima todos os ficheiros que engada (usando gzip).

    Por favor inclúa a seguinte información cando envíe o seu informe
    de actualización:

      * O estado da súa base de datos de paquetes antes e despois da
        actualización: O estado da base de datos de dpkg pódese obter
        dende /var/lib/dpkg/status; tamén engada o estado dos
        paquetes de apt, indicado en /var/lib/apt/extended_states.
        Debería ter feito unha copia de seguridade antes de
        actualizar, tal como se indica en Sección 4.1.1, « Faga
        copias de seguridade dos seus datos e configuracións », pero
        tamén pode atopar copias de seguridade de /var/lib/dpkg/
        status en /var/backups.

      * Os rexistros da sesión creados con script, tal como se indica
        en Sección 4.4.1, « Gravar a sesión ».

      * Os seus rexistros de apt, dispoñibles en /var/log/apt/
        term.log; ou os rexistros de aptitude, dispoñibles en /var/
        log/aptitude.

    Nota

    Debería revisar con calma e eliminar calquera información persoal
    e/ou confidencial dos rexistros antes de incluílos no seu informe
    de fallos, posto que a información publicarase nunha base de
    datos pública.

1.3. Fontes deste documento

    As fontes deste documento están en formato DocBook XML. A versión
    HTML é xerada con docbook-xsl e xsltproc. A versión en PDF xérase
    usando dblatex ou xmlroff. As fontes das Notas de Versión
    atópanse no repositorio Git do Proxecto de Documentación Debian.
    Pode usar a interface na rede (https://salsa.debian.org/ddp-team/
    release-notes/) para acceder aos ficheiros individuais a través
    da rede e ver os seus cambios. Para máis información sobre como
    acceder a Git consulte as páxinas de información sobre SCV do
    Proxecto de Documentación Debian (https://www.debian.org/doc/vcs)
    .

Capítulo 2. Novidades en Debian 12

    A Wiki (https://wiki.debian.org/NewInBookworm) ten máis
    información sobre este tema.

2.1. Arquitecturas compatibles

    As seguintes arquitecturas teñen compatibilidade oficial para
    Debian 12:

      * Ordenadores de 32 (i386) e 64 bits (amd64)

      * ARM de 64 bits (arm64)

      * ARM con Interface Binaria Incrustada [EABI] (armel)

      * ARMv7 (ABI de Interface binaria incrustada [EABI] con unidade
        de coma flotante en hardware [hard-float], armhf)

      * MIPS de extremidade menor (mipsel)

      * MIPS de 64 bits con extremidade menor (mips64el)

      * PowerPC de 64 bits con extremidade menor (ppc64el)

      * IBM System z (s390x)

    Salto da arquitectura base de 32-bit PC ai686

        A compatibilidade con 32-bit PC (tamén chamada como
        arquitectura Debian i386) precisa da instrucción «NOP longo».
        Consulte Sección 5.1.13, «  Salto da arquitectura base de 
        32-bit PC ai686  » para máis información.

    Pode obter máis información sobre o estado da adaptación e
    información específica a cada adaptación nas páxinas sobre as
    arquitecturas de Debian (https://www.debian.org/ports/) .

2.2. Áreas do arquivo

    As seguintes áreas do arquivo, mencionadas no Contrato Social e
    na Política de Debian, son bastante antigas:

      * main: a distribución de Debian;

      * contrib: paquetes extra preparados para que funcionen co
        resto da distribución de Debian, pero que precisan de
        programas de fora da distribución para funcionar ou compilar;

      * non-free: paquetes extra pensados para que funcionen co resto
        da distribución de Debian, pero que non son compatibles coas
        DFSG ou teñen algún outro problema que dificulta a súa
        distribución.

    Tras aprobarse a Resolución Xeral de 2022 sobre «firmware» non
    libre (https://www.debian.org/vote/2022/vote_003) o punto 5 do
    Contrato Social foi modificado, engadíndoselle o seguinte texto:

            Os discos oficiais de Debian poderán incluír «firmware»
            de fora do sistema Debian para permitir o uso de Debian
            cos dispositivos que así o precisen.

    Isto inda non aparece no Contrato Social nin na Política de
    Debian, pero engadiuse unha nova área do arquivo. Isto permite
    separar o «firmware» non libre do resto de paquetes non libres:

      * non-free-firmware

    A maioría dos paquetes con «firmware» non libre xa foron
    trasladados de non-free a non-free-firmware, en preparación do
    lanzamento de Debian 12. Esta separación permite crear imaxes de
    instalación oficiais con paquetes de main e non-free-firmware,
    sen ter que activar contrib nin non-free. Isto tamén permite
    instalar sistemas con estas imaxes, e solo activar main e
    non-free-firmware, sen contrib nin non-free.

    Consulte Sección 4.2.8, « Os compoñentes non-free e
    non-free-firmware » para máis información sobre actualizacións
    dende bullseye.

2.3. Que novidades hai na distribución?

    Esta nova versión de Debian volve a ter moitos máis programas ca
    en bullseye; a distribución inclúe máis de 11089 paquetes novos,
    chegando a un total de 64419 paquetes. A maioría dos programas na
    distribución están actualizados: máis de 43254 paquetes, o 67%
    dos paquetes de bullseye. Ademais, un gran número de paquetes
    (máis de 6296 paquetes, 10% dos paquetes en bullseye) foron
    eliminados da distribución por cadansúa razón. Estes paquetes non
    terán máis actualizacións e serán marcados coma «obsoletos» nos
    clientes de xestión de paquetes. Véxase Sección 4.8, « Paquetes
    obsoletos ».

2.3.1. Ambientes de escritorios e paquetes famosos

    Debian volve a ofrecer varios ambientes e aplicacións de
    escritorio. Inclúense o ambiente de escritorio GNOME 43, KDE
    Plasma 5.27, LXDE 11, LXQt 1.2.0, MATE 1.26 e Xfce 4.18; entre
    outros.

    As aplicacións de produtividade tamén foron actualizadas, xunto
    cos programas de ofimática:

      * LibreOffice foi actualizado á versión 7.4;
   
      * GNUcash foi actualizado á versión 4.13;

    Esta actualización inclúe as actualizacións dos seguintes
    programas, entre outros:

    +---------------------------------------------------------------+
    |          Paquete          |  Versión en 11  |  Versión en 12  |
    |                           |   (bullseye)    |   (bookworm)    |
    |---------------------------+-----------------+-----------------|
    |Apache                     |2.4.54           |2.4.57           |
    |---------------------------+-----------------+-----------------|
    |Bash                       |5.1              |5.2.15           |
    |---------------------------+-----------------+-----------------|
    |Servidor DNS BIND          |9.16             |9.18             |
    |---------------------------+-----------------+-----------------|
    |Cryptsetup                 |2.3              |2.6              |
    |---------------------------+-----------------+-----------------|
    |Emacs                      |27.1             |28.2             |
    |---------------------------+-----------------+-----------------|
    |Servidor de correo por     |4.94             |4.96             |
    |omisión Exim               |                 |                 |
    |---------------------------+-----------------+-----------------|
    |A Colección de Compiladores|                 |                 |
    |GNU como compilador por    |10.2             |12.2             |
    |omisión                    |                 |                 |
    |---------------------------+-----------------+-----------------|
    |GIMP                       |2.10.22          |2.10.34          |
    |---------------------------+-----------------+-----------------|
    |GnuPG                      |2.2.27           |2.2.40           |
    |---------------------------+-----------------+-----------------|
    |Inkscape                   |1.0.2            |1.2.2            |
    |---------------------------+-----------------+-----------------|
    |a biblioteca C GNU         |2.31             |2.36             |
    |---------------------------+-----------------+-----------------|
    |Imaxe do núcleo Linux      |series 5.10      |series 6.1       |
    |---------------------------+-----------------+-----------------|
    |Conxunto de ferramentas    |9.0.1 e 11.0.1   |13.0.1 e 14.0    |
    |LLVM/Clang                 |(por omisión) e  |(por omisión) e  |
    |                           |13.0.1           |15.0.6           |
    |---------------------------+-----------------+-----------------|
    |MariaDB                    |10.5             |10.11            |
    |---------------------------+-----------------+-----------------|
    |Nginx                      |1.18             |1.22             |
    |---------------------------+-----------------+-----------------|
    |OpenJDK                    |11               |17               |
    |---------------------------+-----------------+-----------------|
    |OpenLDAP                   |2.4.57           |2.5.13           |
    |---------------------------+-----------------+-----------------|
    |OpenSSH                    |8.4p1            |9.2p1            |
    |---------------------------+-----------------+-----------------|
    |OpenSSL                    |1.1.1n           |3.0.8            |
    |---------------------------+-----------------+-----------------|
    |Perl                       |5.32             |5.36             |
    |---------------------------+-----------------+-----------------|
    |PHP                        |7.4              |8.2              |
    |---------------------------+-----------------+-----------------|
    |Servidor de correo Postfix |3.5              |3.7              |
    |---------------------------+-----------------+-----------------|
    |PostgreSQL                 |13               |15               |
    |---------------------------+-----------------+-----------------|
    |Python 3                   |3.9.2            |3.11.2           |
    |---------------------------+-----------------+-----------------|
    |Rustc                      |1.48             |1.63             |
    |---------------------------+-----------------+-----------------|
    |Samba                      |4.13             |4.17             |
    |---------------------------+-----------------+-----------------|
    |Systemd                    |247              |252              |
    |---------------------------+-----------------+-----------------|
    |Vim                        |8.2              |9.0              |
    +---------------------------------------------------------------+

2.3.2. Traducíronse máis páxinas do manual

    Grazas ao traballo dos tradutores a documentación en formato man
    está dispoñible en máis idiomas ca nunca. A modo de exemplo,
    moitas páxinas do manual xa están dispoñibles en checo, danés,
    grego, finlandés, indonesio, macedonio, noruegués (bokmål), ruso,
    serbio, sueco, ucraíno e vietnamita, e todas as páxinas do manual
    de systemd xa están dispoñibles en alemán.

    Para que man amose a documentación no seu idioma (se existe)
    instale o paquete manpages-cód. idioma axeitado e configure a
    localización con
   
    dpkg-reconfigure locales

    .

2.3.3. Novas da Mestura Debian Med

    Engadíronse novos paquetes no campo da medicina e das ciencias da
    saúde, como adoita ocorrer nas novas versións. O paquete
    shiny-server merece unha mención especial, por que permite
    simplificar aplicacións web científicas usando R. Tamén mantemos
    o sistema de Integración Continua para os paquetes mantidos polo
    equipo de Debian Med.

    O equipo de Debian Med está encantado de escoitar as opinións dos
    usuarios, especialmente no sentido de peticións de empaquetado de
    programas libres que non foran xa empaquetados, ou tamén
    peticións para copiar melloras de novos paquetes ou versións máis
    novas dos mesmos.

    Para instalar os paquetes mantidos polo equipo Debian Med instale
    os metapaquetes chamados med-*, na versión 3.8.x en Debian
    bullseye. Bótelle unha ollada as tarefas de Debian Med (https://
    blends.debian.org/med/tasks) para ver un listado completo dos
    programas de temática médica e biolóxica dispoñibles en Debian.

2.3.4. Novas da Mestura Debian Astro

    Debian bookworm inclúe a versión 4.0 da Mestura Pura Debian
    Astro, que segue sendo unha gran ferramenta todo en un para
    astrónomos profesionais, aficionados e calquera que estea
    interesado na astronomía. Actualizáronse case todos os paquetes
    de Debian Astro, pero tamén hai algúns paquetes novos.

    Para os radioastrónomos agora se inclúe o interferómetro libre
    openvlbi. Tamén se inclúen os novos paquetes para xuntar imaxes e
    resolución astronómica astap e planetary-system-stacker.
    Inclúense ademais moitos controladores e bibliotecas que usan o
    protocolo INDI.

    Tamén se inclúen os novos paquetes afiliados a Astropy
    python3-extinction, python3-sncosmo, python3-specreduce, e
    python3-synphot, xunto cos paquetes creados sobre python3-yt e
    python3-sunpy. Mellorouse a compatibilidade de Python co formato
    ASDF, e estendeuse a compatibilidade cos formatos ECSV e TFCAT ao
    incluír bibliotecas no ecosistema Java, principalmente para
    usarse con topcat.

    Vexa a páxina da Mestura Astro (https://blends.debian.org/astro)
    para unha lista máis completa e para obter máis información.

Capítulo 3. Instalación do Sistema

    O Instalador de Debian é o instalador de sistemas oficial para
    Debian. Permite escoller entre unha variedade de métodos de
    instalación. Os métodos dispoñibles para a instalación no seu
    sistema dependen da súa arquitectura.

    Pódense atopar imaxes do instalador para bookworm xunto coa Guía
    de Instalación na páxina de Debian (https://www.debian.org/
    releases/bookworm/debian-installer/) .

    A Guía de Instalación tamén se inclúe no primeiro disco do
    paquete oficial de discos DVD de Debian (CD/Blu-Ray) dispoñible
    en:

    /doc/install/manual/idioma/index.html

    Tamén lle pode interesar a lista de erratas (https://
    www.debian.org/releases/bookworm/debian-installer/index#errata)
    para debian-installer, para obter unha lista dos problemas
    coñecidos.

3.1. Que novidades hai no sistema de instalación?

    Houbo moito desenvolvemento no Instalador de Debian dende a
    versión oficial anterior Debian 11, o que se traduce nunha mellor
    compatibilidade cos dispositivos e algunhas novas propiedades e
    melloras.

    Se esta interesado nun resumo detallado dos cambios feitos
    respecto a bullseye consulte o aviso da versión para as versións
    beta e RC de bookworm dispoñibles no rexistro de novas (https://
    www.debian.org/devel/debian-installer/News/) do Instalador de
    Debian.

3.2. Contedores e imaxes de Máquinas Virtuais

    Están dispoñibles imaxes de contedores de varias arquitecturas
    con Debian bookworm en Docker Hub (https://hub.docker.com/_/
    debian) . Ademais das imaxes normalizadas tamén está dispoñible
    unha variante « estilizada » que reduce o uso do disco.

    As imaxes de máquinas virtuais para o xestor de MV de Hashicorp
    Vagrant publícanse en Vagrant Cloud (https://app.vagrantup.com/
    debian) .

Capítulo 4. Actualizar dende Debian 11 (bullseye)

4.1. Prepararse para a actualización

    Suxerímoslle que antes de actualizar tamén lea a información en
    Capítulo 5, Problemas a ter en conta con bookworm. Ese capítulo
    trata os problemas que se poden atopar e que non están
    directamente relacionados co proceso de actualización, pero que
    de todas formas poden ser importante coñecelos antes de comezar.

4.1.1. Faga copias de seguridade dos seus datos e configuracións

    Antes de actualizar o seu sistema recomendámoslle que faga unha
    copia de seguridade completa, ou polo menos faga copias de
    seguridade dos seus datos e configuracións que lle sexan
    imprescindibles. As ferramentas e procesos de actualización son
    bastante fiables, pero se lle ocorre algo ao ordenador no medio
    dunha instalación pode quedar cun sistema moi danado.

    Ao facer as copias de seguridade ocúpese primeiro dos contidos de
    /etc, /var/lib/dpkg, /var/lib/apt/extended_states e a saída de:

    $ dpkg --get-selections '*' # (as comiñas importan)


    Se usa aptitudepara xestionar os paquetes do sistema tamén terá
    que facer copias de /var/lib/aptitude/pkgstates.

    O proceso de actualización en si non modifica nada do cartafol /
    home. Porén, algunhas aplicacións (p.e partes da suite de Mozilla
    e os ambientes de escritorio GNOME e KDE) poden sobrescribir as
    configuracións de usuario existentes con valores por omisión
    cando se inicia por primeira vez unha versión. Como precaución,
    debería facer unha copia de seguridade dos ficheiros e cartafoles
    ocultos (« ficheiros punto ») no cartafol propio de cada usuario.
    Esta copia de seguridade pode axudar a restaurar ou recrear as
    configuracións previas. Tamén lles debería informar aos usuarios
    disto.

    Calquera operación de instalación de paquetes deberase executar
    con permisos de superusuario, polo que acceda coma root, usando 
    su ou sudo para ter os permisos necesarios.

    A actualización ten algunhas precondicións; deberíaas consultar
    antes sequera de comezar a actualización.

4.1.2. Informe aos usuarios con tempo

    É boa idea informar a todos os usuarios antes de tempo de
    calquera actualización que planee, inda que os usuarios accedendo
    a través de ssh non debería decatarse dos cambios, e deberían
    poder traballar sen problemas.

    Se quere ser máis cautelosos, faga copias de seguridade ou
    desmonte a partición /home antes de actualizar.

    O núcleo actualizarase cando se actualice a bookworm, polo que
    terá que reiniciar. Normalmente isto faise despois de que remate
    a actualización.

4.1.3. Prepárese para desconectar os servizos

    Poden haber servizos ofrecidos polo sistema que están asociados
    cos paquetes que están incluídos na actualización. Se isto é así
    os servizos se pararán durante a actualización mentres o paquete
    correspondente é substituído e configurado. Durante este tempo
    estes servizos non estarán dispoñibles.

    O tempo exacto que tarde o sistema en estar operativo dependerá
    do número de paquetes a actualizar, e tamén inclúe o tempo que o
    administrador tarde respondendo as preguntas de configuración
    durante a actualización dos paquetes. Teña en conta que se non
    esta atento durante o proceso de actualización e o sistema fai
    preguntas é probable que os servizos non estean dispoñibles^[1]
    durante bastante tempo.

    Se o sistema a actualizar prové servizos críticos para os
    usuarios ou para a rede^[2], pódese reducir o tempo que non estea
    dispoñible se actualiza o mínimo do sistema, tal como se describe
    en Sección 4.4.5, « Actualización mínima do sistema », seguido
    dunha actualización do núcleo e reiniciar, e entón actualizas os
    paquetes asociados cos servizos críticos. Actualiza estes
    paquetes antes de facer unha actualización completa descrita en
    Sección 4.4.6, « Actualizar o sistema ». Desta forma podes estar
    seguro de que estes servizos críticos seguen a funcionar durante
    a actualización, tarde o que tarde.

4.1.4. Preparase para a recuperación

    Inda que Debian intenta que o seu sistema arranque sempre, sempre
    pode ser que atope problemas ao reiniciar tras unha
    actualización. Algúns problemas coñecidos están documentados
    neste e no resto dos capítulos das Notas da Versión.

    Por esta razón asegúrese de que é capaz de recuperar o sistema se
    non o pode arrancar ou, nos sistemas de acceso remoto, non poda
    conectarte á rede.

    Se está actualizando de forma remota a través de ssh
    recomendámoslle de que tome as precaucións necesarias para poder
    acceder ao servidor a través dunha terminal remota. Existe a
    posibilidade de que, tras actualizar o núcleo e reiniciar, deberá
    arranxar a configuración do sistema dende unha consola local. E,
    se o sistema se reiniciara durante a instalación, pode ser que
    teña que arranxar o sistema dende unha consola local.

    Para recuperacións de emerxencia recomendamos usar o modo de
    recuperación do Instalador de Debian bookworm. A vantaxe de usar
    o instalador é que pode escoller entre moitos métodos para atopar
    cal é o que mellor se adapta á súa situación. Para máis
    información, por favor consulte a sección « Recuperando un
    Sistema Escachado »(« Recovering a Broken System » na versión
    inglesa) no capítulo 8 da Guía de Instalación (https://
    www.debian.org/releases/bookworm/installmanual) e as Preguntas
    Frecuentes do Instalador de Debian (https://wiki.debian.org/
    DebianInstaller/FAQ) .

    Se iso falla necesitará outra forme de arrancar o sistema para
    podelo reparar. Unha forma é usando a imaxe especial de
    recuperación, ou unha imaxe dun sistema en memoria (https://
    www.debian.org/CD/live/) . Despois de arrancar con iso debería
    montar o seu sistema de ficheiros raíz e cambiar a el con chroot
    para investigar e arranxar o problema.

4.1.4.1. Consola de depuración durante o arranque usando initrd

    O paquete initramfs-tools inclúe unha terminal de ordes para a
    depuración^[3] nos initrd que xera. Se por exemplo o initrd non é
    capaz de montar o seu sistema de ficheiros raíz entre nesta
    consola de depuración, que inclúe comandos básicos, para axudar a
    discernir o problema e arranxalo.

    Cousas básicas a ter en conta: que estean os ficheiros correctos
    dos dispositivos en /dev, que módulos se cargarán (cat /proc/
    modules), e a saída de dmesg, para atopar erros ao cargar
    controladores. A saída de dmesg tamén amosará que ficheiros de
    dispositivo foron asignados a cada disco; debería contrastalo
    contra a saída de echo $ROOT para estar seguro de que o sistema
    de ficheiros raíz está no dispositivo axeitado.

    Se non consegue arranxar o problema, escribindo exit sacaralle da
    consola de depuración e continuará o proceso de arranque dende o
    punto onde fallou. Por suposto tamén terá que arranxar o problema
    subxacente e rexenerar o initrd para que non falle no seguinte
    arranque.

4.1.4.2. Consola de depuración durante o arranque usando systemd

    Se o arranque falla con systemd é posíbel obter unha consola de
    depuración superusuario cambiando a liña de ordes do núcleo. Se
    se acada un arranque básico pero algúns servizos fallan pode ser
    útil engadirlle systemd.unit=rescue.target aos parámetros do
    núcleo.

    Se non, o parámetro do núcleo systemd.unit=emergency.target
    daralle unha consola de superusuario o antes que poida. Porén,
    isto faise antes de montar o sistema de ficheiros raíz con
    permisos lectura-escritura. Terá que facelo manualmente con:

    # mount -o remount,rw /


    Outra opción é activar a « consola de depuración temperá » de
    systemd, mediante debug-shell.service. No seguinte arranque
    iniciarase unha consola como superusuario no tty9, moi cedo no
    proceso de arranque. Isto se pode activar mediante o parámetro de
    arranque do núcleo systemd.debug-shell=1, ou de forma permanente
    executando a orde systemctl enable debug-shell. Neste último caso
    a consola deberá desactivarse tras rematar a depuración.

    Pode atopar máis información sobre como depurar un arranque
    falido con systemd no artigo Freedesktop.org Diagnosticando
    Problemas de Arranque (https://freedesktop.org/wiki/Software/
    systemd/Debugging/) .

4.1.5. Preparar un ambiente seguro para a actualización

    Importante

    Se estas a usar algún servizo VPN (por exemplo tinc) pensa que
    pode ser que non estean dispoñibles durante a actualización.
    Véxase Sección 4.1.3, « Prepárese para desconectar os servizos ».

    Para ter un chisco máis de seguridade ao actualizar de forma
    remota suxerímoslle que execute a actualización nunha consola
    virtual creada polo programa screen, que permite unha reconexión
    segura e asegurarse de que a actualización non é interrompida
    inda que a conexión remota falle temporalmente.

4.2. Comezar a partir dun Debian « puro »

    O proceso de actualización descrito neste capítulo foi deseñado
    para sistemas Debian « puros » e estables. APT controla o que se
    instala no seu sistema. Se a súa configuración de APT menciona
    outras fontes, sen contar bullseye, ou se instalou paquetes de
    outras versións ou de terceiros, deberías pensar en borrar estas
    posibles molestias para asegurarte de que a actualización non
    sufra contratempos.

    O ficheiro configuración principal que APT usa para decidir de
    onde debe descargar os paquetes é /etc/apt/sources.list, pero
    tamén pode usar os ficheiros no cartafol /etc/apt/sources.list.d/
    - para máis detalles véxase sources.list(5) (https://
    manpages.debian.org//bookworm/apt/sources.list.5.html) . Se o seu
    sistema usa varios ficheiros con listas de fontes deberá
    asegurarse de que se manteñan consistentes.

4.2.1. Actualizar a 11 (bullseye)

    Só se debe actualizar Debian dende 11 (bullseye). Pódese ver a
    versión de Debian con:

    $ cat /etc/debian_version
   

    Se é preciso, antes siga as instrucións nas Notas de Versión para
    Debian 11 (https://www.debian.org/releases/bullseye/releasenotes)
    para actualizar a Debian 11.

4.2.2. Actualizar á última versión punto

    Este proceso asume que o seu sistema está actualizado á última
    versión punto algo de bullseye. Se non fixo iso ou non está
    seguro, siga as instrucións en Sección A.1, « Actualizando o seu
    sistema bullseye ».

4.2.3. Backports de Debian

    Os «Backports» de Debian (https://backports.debian.org/) , tamén
    chamadas modernizacións, versións actualizadas retroactivamente
    ou parches de mantemento; permiten que os usuarios de Debian
    estable poidan usar versións actualizadas dos paquetes (cunha
    posíbel mingua na seguridade e comprobación de calidade). O
    Equipo dos Backports de Debian mantén unha porcentaxe de todos os
    paquetes da seguinte versión de Debian, axustándoos e
    recompilándoos para que se poidan usar na versión estable actual.

    Os paquetes de bullseye-backports teñen un número de versión
    menor ca en bookworm, para que se actualicen sen problemas a
    bookworm, do mesmo xeito ca os paquetes « puros » en bullseye, ao
    actualizar a distribución. Inda que non se introducen fallos
    coñecidos, a actualización dende versións «backports» está menos
    manido, e, polo tanto, supón un risco maior.

    Cuidado

    Inda que os «Backports» normais de Debian si son compatibles, non
    existe un modo seguro para actualizar dende os «backports»
    chafalleiros (https://backports.debian.org/Instructions/#
    index4h2) (aqueles que teñan configurada
    bullseye-backports-sloppy coma fonte en APT).

    Do mesmo xeito que coas Sección 4.2.10, « Fontes non oficiais »,
    recoméndase que se eliminen todas as fontes con
    bullseye-backports na configuración de APT antes de comezar a
    actualización. Opcionalmente, tras a actualización, poderase
    engadir bookworm-backports (https://backports.debian.org/
    Instructions/) ás fontes.

    Para máis información, consulte a páxina da Wiki sobre os
    «Backports» (https://wiki.debian.org/Backports) .

4.2.4. Preparar a base de datos de paquetes

    Debería asegurarse de que a base de datos de paquetes está lista
    antes de seguir coa actualización. Se es usuario de outro xestor
    de paquetes, como aptitude or synaptic, revise calquera acción
    pendente. Un paquete programado para instalarse ou eliminarse
    pode interferir coa actualización. Teña en conta que corrixir
    isto só é posible se o seu ficheiro de fontes APT inda fai
    referencia a bullseye e non a stable ou bookworm; véxase
    Sección A.2, « Comproba os seus ficheiros de fontes APT ».

4.2.5. Eliminar paquetes obsoletos

    É unha boa idea eliminar os paquetes obsoletos do sistema antes
    de actualizar. Poden crear complicacións durante o proceso de
    actualización, e poden converterse nun risco de seguridade ao non
    ter mantemento.

4.2.6. Eliminar os paquetes non provenientes de Debian

    Embaixo hai dúas maneiras de atopar os paquetes que non foran
    instalados por Debian, usando tanto apt coma apt-forktracer. Teña
    en conta que ningún dos dous é totalmente exacto (p. e. o exemplo
    que usa apt amosará os paquetes que Debian deixou de distribuír,
    como núcleos vellos).

    $ apt list '?narrow(?installed, ?not(?origin(Debian)))'
    $ apt-forktracer | sort


4.2.7. Eliminar ficheiros de configuración sobrantes

    Unha actualización previa pode haber deixado duplicas dos
    ficheiros de configuración, versións anteriores dos ficheiros,
    versións engadidas polos mantedores dos paquetes, etc. Eliminar
    os ficheiros sobrantes desas actualizacións previas axuda a
    reducir as confusións. Atope tales ficheiros con:

    # find /etc -name '*.dpkg-*' -o -name '*.ucf-*' -o -name '*.merge-error'


4.2.8. Os compoñentes non-free e non-free-firmware

    Se está a usar «firmware» non libre lle recomendamos que engada
    non-free-firmware á lista de fontes de APT. Para máis información
    consulte Sección 2.2, « Áreas do arquivo » e Sección 5.1.1, «  O
    «firmware» non libre moveuse a un compoñente do arquivo separado
     ».

4.2.9. Sección de actualizacións propostas

    Se tes unha sección de proposed-updates (actualizacións
    propostas) no seu ficheiro de fontes APT deberías eliminala antes
    de actualizar o sistema. Isto reduce a probabilidade de
    conflitos.

4.2.10. Fontes non oficiais

    Se ten algún paquete externo a Debian no sistema pode ser que
    sexa eliminado coa actualización por culpa de conflito de
    dependencias. Se estes paquetes foran instalados engadíndolle
    arquivos ao ficheiro de fontes de APT deberías comprobar se ese
    arquivo ten paquetes compilados para bookworm e axustar a liña
    correspondente no ficheiro de fontes ao mesmo tempo que as do
    resto dos paquetes de Debian.

    Algúns usuarios poden ter instalados nos seus sistemas versións
    bullseye non oficiais, « máis novas » e con parches de mantemento
    dos paquetes ca os que ten Debian. Tales paquetes é probable que
    causen problemas durante a actualización ao entraren os ficheiros
    en conflito^[4]. Pode obter máis información sobre o conflito de
    ficheiros en Sección 4.5, « Problemas que poden ocorrer durante a
    actualización », se ocorreren.

4.2.11. Desactivar bloqueos no APT

    Se configurou APT para que instale algúns paquetes dende
    distribucións distintas á estable (p. e. dende a de probas), pode
    ser que teña que cambiar a súa configuración de bloqueo de
    paquetes (gardada en /etc/apt/preferences e /etc/apt/
    preferences.d/) para permitir a actualización dos paquetes ás
    versións na nova versión estable. Para máis información sobre o
    bloqueo de paquetes consulte apt_preferences(5) (https://
    manpages.debian.org//bookworm/apt/apt_preferences.5.en.html) .

4.2.12. Asegúrese de que ten gpgv instalado

    APT precisa de gpgv versión 2 ou posterior para verificar as
    chaves que usa para firmar as versións de bookworm. Como gpgv1
    tamén cumpre esa dependencia, inda que só en circunstancias
    específicas, comprobe que instalou a versión axeitada con:

    # apt install gpgv


4.2.13. Comprobar o estado do paquete

    Sen importar o método que use para actualizar, recoméndase que se
    comprobe o estado de todos os paquetes primeiro, e que se
    comprobe que todos os paquetes se poden actualizar. As seguintes
    ordes amosarán calquera paquete que estea marcado como
    parcialmente instalado («Half-Installed») ou que non se puido
    configurar («Failed-Config»), xunto con aqueles que teñan
    calquera erro.

    $ dpkg --audit


    Tamén pode consultar o estado de todos os paquetes no seu sistema
    usando aptitude, ou con ordes tales coma

    $ dpkg -l | pager


     ou

    # dpkg --get-selections '*' > ~/pqts-actuais.txt


    Tamén pode usar apt.

    # apt list --installed > ~/pqts-actuais.txt


    Recoméndase eliminar calquera paquete en espera antes de
    actualizar. Se calquera paquete necesario para actualización está
    en espera a actualización fallará.

    $ apt-mark showhold


    Se quere cambiar e recompilar un paquete de forma local, e non
    lle cambiara o nome ou lle puxera unha data na versión , terá que
    mantelo en espera para que non se actualice.

    O estado « en espera » dos paquetes de apt pódese cambiar
    facendo:

    # apt-mark hold nome_paquete


    Substitúa hold por unhold para quitar o estado « en espera ».

    Se necesita arranxar calquera cousa asegurese de que o seu
    ficheiro de fontes de APT inda apunta a bullseye, tal coma se
    explica en Sección A.2, « Comproba os seus ficheiros de fontes
    APT ».

4.3. Preparar os ficheiros de fontes de APT

    Antes de preparar a actualización reconfigure o ficheiro das
    fontes de APT (/etc/apt/sources.list e os ficheiros en /etc/apt/
    sources.list.d/) para engadirlle as fontes de bookworm e elimine
    as referencias a bullseye.

    APT collerá todos os paquetes que poida atopar en todos os
    arquivos configurados e instalará o paquete co número de versión
    máis alto, tendo prioridade a primeira entrada dos ficheiros. Iso
    é, se ten varios servidores espello, poña primeiro os discos
    duros locais, seguidos polos CD-ROMs, e por último os servidores
    remotos.

    Unha versión pode ser referida indistintamente polo seu alcume
    (p.e. bullseye, bookworm) ou polo seu estado (p.e. oldstable,
    stable, testing, unstable). Falar dunha versión polo seu alcume
    ten a vantaxe de que nunca aparecerá de súpeto unha nova versión,
    e é polo tanto o que imos facer aquí. Iso tamén significa que tes
    que buscar ti mesmo os avisos das versións. Porén, se usas o
    estado apareceranlle moreas de actualizacións para os paquetes
    tan pronto coma saia a actualización.

    Debian ten dúas listas de correo para avisos para axudarlle a
    manterse ao día da información importante sobre as versións:

      * Subscribíndose á lista de correo de alertas de Debian (https:
        //lists.debian.org/debian-announce/) recibirá un aviso cada
        vez que Debian saque unha nova versión. Por exemplo cando
        bookworm cambie de testing a stable.

      * Subscribíndose á lista de correo de alertas de seguridade de
        Debian (https://lists.debian.org/debian-security-announce/)
        recibirá un aviso cando Debian publique unha alerta de
        seguridade.

4.3.1. Engadir fontes de Internet a APT

    Por defecto, nas instalacións novas, APT é configurado para que
    use o servizo de CDN de Debian, que debería asegurarlle que os
    paquetes descárganse automaticamente dun servidor preto súa na
    rede. Como isto é un servizo relativamente novo as instalacións
    máis vellas inda poden estar configuradas para apuntar a algún
    dos servidores de Internet de Debian principais ou espello. Se
    inda non o fixo, recoméndase que use o servizo de CDN no APT.

    Para usar o servizo de CDN engádalle á configuración das fontes
    de APT unha liña semellante a esta (asumindo que usa main e
    contrib):

    deb https://deb.debian.org/debian bookworm main contrib

    Despois de engadir as novas fontes desactive as liñas « deb »
    anteriores engadíndolle unha grade (#) diante.

    Porén, se se obteñen mellores resultados usando un servidor
    espello específico que lle queda máis preto na rede, isto inda é
    posíbel.

    As direccións dos servidores espello de Debian pódense atopar en
    https://www.debian.org/distrib/ftplist (https://www.debian.org/
    distrib/ftplist) (vaia á sección « list of Debian mirrors »/« 
    lista de servidores espello de Debian »).

    Por exemplo, supoña que o servidor espello que lle queda máis
    preto é http://mirrors.kernel.org. Se accede a ese servidor cun
    navegador decataríase de que os principais cartafoles están
    organizados da seguinte maneira:

    http://mirrors.kernel.org/debian/dists/bookworm/main/binary-i386/...
    http://mirrors.kernel.org/debian/dists/bookworm/contrib/binary-i386/...


    Para configurar APT para que use un servidor en concreto
    engádeselle unha liña tal coma (outra vez asumindo que usa main e
    contrib):

    deb http://mirrors.kernel.org/debian bookworm main contrib

    Fíxese en que « dists » engádese de forma implícita, e os
    parámetros antes do nome da versión úsanse para expandir a ruta
    en varios cartafoles.

    Igual que antes, tras engadir as novas fontes desactive as fontes
    previas.

4.3.2. Engadir fontes APT dun servidor espello local

    Pode ser que en lugar de usar servidores espello remotos queira
    modificar o ficheiro de fontes APT para usar un servidor espello
    nun disco local (probablemente montado usando NFS).

    Por exemplo, o seu servidor espello de paquetes pódese atopar en
    /var/local/debian/, e ten os seguintes cartafoles:

    /var/local/debian/dists/bookworm/main/binary-i386/...
    /var/local/debian/dists/bookworm/contrib/binary-i386/...


    Para usar isto con apt, engada a seguinte liña ao seu ficheiro
    sources.list:

    deb file:/var/local/debian bookworm main contrib

    Fíxese en que « dists » engádese de forma implícita, e os
    parámetros antes do nome da versión úsanse para expandir a ruta
    en varios cartafoles.

    Despois de engadir a nova fonte desactive as fontes previas
    engadíndolle unha grade (#) diante.

4.3.3. Engadir fontes APT dun medio óptico

    Se quere usar só DVD (ou CD ou Discos Blu-ray) desactive o resto
    de entradas no ficheiro de fontes APT engadíndolles diante unha
    grade (#).

    Asegúrese de que hai unha liña en /etc/fstab que lle permite
    montar o seu disco CD-ROM en /media/cdrom. Por exemplo, se o seu
    lector CD-ROM é /dev/sr0, deberías ter o seguinte en /etc/fstab:

    /dev/sr0 /media/cdrom auto noauto,ro 0 0


    Fíxese en que non poden haber espazos entre as palabras do cuarto
    campo noauto,ro.

    Para asegurarse de que funciona insira un CD e tente executar

    # mount /media/cdrom    # isto montará o CD no punto de montaxe
    # ls -alF /media/cdrom  # isto amosaralle a raíz do CD
    # umount /media/cdrom   # isto desmontará o CD


    Despois execute:

    # apt-cdrom add


    para cada CD-ROM Binario de Debian que teña, para engadirlle a
    información sobre cada CD á base de datos de APT.

4.4. Actualizar paquetes

    A maneira recomendada de actualizar dende as versións de Debian
    anteriores é usar a ferramenta de xestión de paquetes apt.

    Nota

    apt está preparada para uso interactivo, e non se debe usar en
    ficheiros de instrucións. Os programas interpretados deberían
    usar apt-get, que ten unha saída que non varía entre versións e
    que é máis sinxela de interpretar.

    Non se esqueza de montar todas as particións que necesite
    (especialmente as particións raíz e /usr) como lectura-escritura,
    cunha orde tal coma:

    # mount -o remount,rw /punto_montaxe


    Despois debería comprobar que as entradas no ficheiro de fontes
    de APT (en /etc/apt/sources.list e os ficheiros en /etc/apt/
    sources.list.d/) apuntan a « bookworm » ou a « stable ». Non
    deberían haber entradas apuntando a bullseye.

    +--------------------------------------------------+
    |Nota                                              |
    |                                                  |
    |As fontes dun CD-ROM pode ser que fagan referencia|
    |a « unstable »; inda que poida ser confuso non as |
    |cambie.                                           |
    +--------------------------------------------------+

4.4.1. Gravar a sesión

    Recomendámoslle que use /usr/bin/script para rexistrar a
    actualización. Desa forma se ocorre algún problema terá un
    rexistro do que ocorreu, e, se é necesario, pode enviar a
    información exacta nun informe de fallos. Para iniciar o rexistro
    escriba:

    # script -t 2>~/upgrade-bookwormpaso.time -a ~/upgrade-bookwormpaso.script


    ou semellante. Se ten que volver a executar o rexistro (p.e. se
    ten que reiniciar o sistema) use diferentes valores para o paso
    para indicar que paso da actualización esta rexistrando. Non poña
    os rexistros nun cartafol temporal coma /tmp ou /var/tmp, os
    ficheiros neses cartafoles pode que sexan borrados durante a
    actualización ou durante calquera reinicio.

    O rexistro tamén lle axudará a revisar a información que se
    quedou fora da pantalla. Se está na consola do sistema cambie á
    terminal virtual VT2 (usando Alt+F2) e, tras iniciar sesión, use
    less -R ~root/upgrade-bookworm.script para ver o ficheiro.

    Despois de completar a actualización pode parar script escribindo
    a orde exit.

    apt tamén rexistra os cambios dos estados dos paquetes en /var/
    log/apt/history.log e a saída da terminal en /var/log/apt/
    term.log. dpkg tamén fai iso e, ademais, rexistra os cambios de
    estado de todos os paquetes en /var/log/dpkg.log. aptitude tamén
    rexistra os cambios de estado en /var/log/aptitude.

    Se usa a opción -t en script pode usar scriptreplay para repetir
    a sesión enteira:

    # scriptreplay ~/upgrade-bookwormpaso.time ~/upgrade-bookwormpaso.script


4.4.2. Actualizar a lista de paquetes

    Primeiro hai que obter a lista dos paquetes dispoñibles na nova
    versión. Isto faise executando:

    # apt update


    Nota

    Os usuarios de apt-secure poden ter problemas ao usar aptitude ou
    apt-get. Para apt-get pode usar apt-get update
    --allow-releaseinfo-change.

4.4.3. Asegúrese de que ten espazo dabondo para actualizar

    Ten que estar seguro antes de actualizar de que ten espazo
    dabondo no disco duro cando comece a actualización completa
    descrita en Sección 4.4.6, « Actualizar o sistema ». Primeiro,
    calquera paquete necesario para a instalación que se obtén da
    rede gárdase en /var/cache/apt/archives (e no cartafol partial/
    durante a descarga), polo que tes que estar seguro de teres
    espazo dabondo na partición que conteña /var/ para gardar os
    paquetes que se instalaran no sistema mentres se descargan no seu
    sistema. Despois da descarga necesitarás máis espazo nas outras
    particións do sistema de ficheiros para instalar os paquetes
    actualizados (que poden conter binarios máis grandes ou máis
    datos) e os paquetes novos que se instalarán coa actualización.
    Se o seu sistema non ten espazo dabondo quedará cunha
    actualización parcial da que é difícil recuperarse.

    apt amosaralle información detallada sobre o espazo en disco
    necesario para a instalación. Antes de comezar a actualización
    pode ver unha estimación con:

    # apt -o APT::Get::Trivial-Only=true full-upgrade
    [ ... ]
    XXX anovados, XXX instalados, Vanse retirar XXX e deixar XXX sen anovar.
    Ten que recibir xx,x MB de arquivos.
    Despois desta operación ocuparanse AAA MB de disco adicionais.


    Nota

    Ao executar esta orde ao inicio da actualización pode que salte
    algún erro, por causas descritas nas seguinte seccións. Nese caso
    terá que esperar ata facer a actualización mínima descrita en
    Sección 4.4.5, « Actualización mínima do sistema » antes de
    executar este comando para estimar o espazo en disco.

    Se non ten suficiente espazo para a actualización apt avisaralle
    con mensaxes coma:

    E: Non hai espazo libre abondo en /var/cache/apt/archives/.


    Neste caso asegúrese de liberar espazo previamente. Pode:

      * Elimine os paquetes que foran descargados previamente para a
        instalación (en /var/cache/apt/archives). Borrar a caché ao
        executar apt clean eliminará todos os ficheiros dos paquetes
        previamente descargados.

      * Borre paquetes esquecidos. Se usou aptitude ou apt para instalar
        manualmente paquetes en bullseye os programas terán en conta eses
        paquetes que instalara manualmente, e poderán marcar coma
        redundantes aqueles paquetes que só foran incluídos por
        dependencias que xa non se necesitan por que o paquete fora
        eliminado. Non seleccionaran para que se borren os paquetes que
        instalara manualmente. Para eliminar os paquetes instalados
        automáticamente e que xa non se usen execute:

        # apt autoremove


        Tamén pode usar deborphan, debfoster, ou cruft para atopar
        paquetes redundantes. Non borre ás toas os paquetes que lle
        indiquen estas ferramentas, especialmente se está a usar opcións
        modificadas e agresivas que poden amosar falsos positivos.
        Recomendámoslle que revise de forma manual os paquetes que lle
        suxiran para borrar (p.e. os seus contidos, tamaño e descrición)
        antes de borralos.

      * Borre os paquetes que usen demasiado espazo e que non necesite
        (sempre os poderá reinstalar tras a actualización). Se instalou
        popularity-contest pode usar popcon-largest-unused para amosar os
        paquetes que non use e que máis espazo ocupan. Pode atopar os
        paquetes que máis espazo usan con dpigs (paquete debian-goodies)
        ou con wajig executando wajig size). Tamén pode buscalos con
        aptitude. Execute aptitude en modo pantalla completa, seleccione 
        Vistas → Nova lista plana de paquetes, prema l e introduza ~i,
        despois prema S e introduza~installsize. Isto daralle unha cómoda
        lista coa que traballar.

      * Elimine traducións e localizacións do sistema se non os
        necesitas. Pode instalar o paquete localepurge e configuralo para
        quedar só coas localizacións que queira manter no sistema. Isto
        reducirá o espazo consumido por /usr/share/locale.

      * Mova de forma temporal, ou elimine, os rexistros do sistema que
        existan en /var/log/.

      * Use un /var/cache/apt/archives temporal: Pode usar un cartafol
        temporal doutro sistema de ficheiros coma caché (dispositivos de
        almacenamento USB, disco duro temporal, sistema de ficheiros xa
        usado, etc).

        +-----------------------------------------------------+
        |Nota                                                 |
        |                                                     |
        |Non use NFS, posto que a conexión da rede pode       |
        |interromperse durante a actualización.               |
        +-----------------------------------------------------+

        Por exemplo, se usa un dispositivo USB montado en /media/usbkey:

         1. eliminar os paquetes que foran previamente descargados para a
            instalación:

            # apt clean


         2. copiar o cartafol /var/cache/apt/archives ao dispositivo USB:

            # cp -ax /var/cache/apt/archives /media/usbkey/


         3. montar o directorio de caché temporal no actual:

            # mount --bind /media/usbkey/archives /var/cache/apt/archives


         4. despois da actualización, restaurar o cartafol /var/cache/apt
            /archives ao seu sitio orixinal:

            # umount /var/cache/apt/archives


         5. eliminar os /media/usbkey/archives que queden.

        Pode crear o cartafol de caché temporal en calquera sistema de
        ficheiros que estea montado no seu sistema.

      * Faga unha actualización mínima (véxase Sección 4.4.5,
        « Actualización mínima do sistema ») ou parcial seguida dunha
        actualización completa. Isto permitiralle actualizar parcialmente
        o sistema e limpar a caché de paquetes antes da actualización
        total.

    Para poder borrar os paquetes sen problemas recomendámoslle que
    apuntes as fontes de APT cara bullseye de novo, facendo coma pon
    en Sección A.2, « Comproba os seus ficheiros de fontes APT ».

4.4.4. Parar de supervisar sistemas

    Recomendamos que, como é probable que apt precise parar
    temporalmente algúns dos servizos en execución no ordenador, que
    se desactiven durante a actualización todos aqueles servizos que
    se encarguen de reiniciar outros servizos cando estes rematen. Un
    exemplo en Debian sería o servizo monit.

4.4.5. Actualización mínima do sistema

    Nalgúns casos facer unha actualización completa (tal coma se
    describe embaixo) directamente pode eliminar moitos paquetes que
    lle gustaría preservar. Para iso recomendámoslle actualizar en
    dous pasos: primeiro unha actualización mínima para evitar eses
    conflitos, e despois unha actualización completa tal coma se
    indica en Sección 4.4.6, « Actualizar o sistema ».

    Para facer isto primeiro faga:

    # apt upgrade --without-new-pkgs


    Isto actualiza os paquetes que se poden actualizar sen eliminar
    ou instalar outros paquetes.

    Unha actualización mínima tamén pode axudar cando o sistema teña
    pouco espazo libre e unha actualización completa non se pode
    executar por culpa da falta de espazo.

    Se o paquete apt-listchanges está instalado coa configuración de
    fábrica amosará información importante sobre os paquetes
    actualizados nun paxinador despois de descargar os paquetes.
    Prema q despois de ler para saír do paxinador e continuar a
    actualización.

4.4.6. Actualizar o sistema

    Unha vez que rematou os pasos anteriores, xa está liso para
    continuar co principal da actualización. Execute:

    # apt full-upgrade


    Isto fará unha actualización completa do sistema, instalando as
    versións dos paquetes máis modernas dispoñibles, e resolvendo
    todos os posibles cambios nas dependencias entre versións. Se é
    necesario instalará novos paquetes (normalmente novas versións
    das bibliotecas, ou paquetes que cambiaron de nome), e eliminar
    calquera conflito entre paquetes obsoletos.

    Cando actualice dun conxunto de CD/DVD/BD é probable que se lle
    pida que introduza un disco en concreto en diferentes momentos da
    instalación. Tamén pode ser que teña que introducir o mesmo disco
    varias veces; isto é por culpa de paquetes relacionados que se
    atopan en diferentes discos.

    Os paquetes cuxas versións máis modernas non se poden instalar
    sen cambiar o estado doutro paquete deixaranse na versión actual
    (amosaranse coma « retidos/«hold back» »). Isto pode arranxarse
    usando aptitude para elixir os paquetes a instalar, ou tamén se
    pode intentar facendo apt install paquete.

4.5. Problemas que poden ocorrer durante a actualización

    As seguintes seccións describen os problemas que se sabe que
    poden aparecer durante a actualización a bookworm.

4.5.1. Full-upgrade falla e salta con « Could not perform immediate
configuration », ou con « Non foi posíbel facer a configuración
inmediata »

    Nalgúns casos apt full-upgrade pode fallar tras descargar os paquetes
    con:

    E: Could not perform immediate configuration on 'paquete'.  Please see man 5 apt.conf under APT::Immediate-Configure for details.
   

    ou

    Non foi posíbel facer a configuración inmediata en «paquete». Vexa man 5 apt.conf baixo APT::Immediate-Configure para obter máis detalles. (%d)


    Se iso ocorre, pódelle permitir continuar á actualización con apt
    full-upgrade -o APT::Immediate-Configure=0.

    Outra posible solución é engadir temporalmente bullseye e
    bookworm nas fontes de APT e executar apt update.

4.5.2. Eliminacións esperadas

    O proceso de actualización a bookworm pode que pregunte pola
    eliminación de paquetes no sistema. A lista exacta de paquetes
    depende do conxunto de paquetes que instalaras. Estas notas de
    versión dan consellos xerais sobre as eliminacións, pero se
    dubidas recomendámoslle que examine as eliminacións propostas por
    cada método antes de continuar. Para máis información sobre a
    obsolescencia dos paquetes en bookworm véxase Sección 4.8,
    « Paquetes obsoletos ».

4.5.3. Conflitos ou bucles de dependencias

    Ás veces é necesario activar a opción APT::Force-LoopBreak en APT
    para poder eliminar temporalmente un paquete esencial por culpa
    dun bucle de Conflitos/Predependencias, apt alertaralle disto e
    cancelará á actualización. Podes evitar isto especificando a
    opción -o APT::Force-LoopBreak=1 na liña de ordes de apt.

    É posible que a estrutura das dependencias dun sistema estea tan
    corrupto que requira intervención manual. Normalmente isto
    significa usar apt ou

    # dpkg --remove nome_paquete


    para eliminar os paquetes culpables, ou

    # apt -f install
    # dpkg --configure --pending


    En casos extremos pode que teña que forzar a reinstalación cunha
    orde tal coma

    # dpkg --install /ruta/ao/paquete.deb


4.5.4. Conflitos de ficheiros

    Os conflitos entre ficheiros non deberían ocorrer se actualiza
    dende un sistema bullseye« puro », pero poden ocorrer se instalou
    parches de mantemento non oficiais. Os conflitos entre ficheiros
    causan mensaxes de erro coma:

    A desempaquetar <paquete-tal> (de <paquete-tal-ficheiro>) ...
    dpkg: error ao procesar <paquete-tal> (--install):
    téntase sobrescribir `<algún-ficheiro>',
    que tamén está no paquete <paquete-cual>
    dpkg-deb: subprocess paste killed by signal (Broken pipe)
    Apareceron erros ao procesar:
    <paquete-tal>


    Podes intentar resolver un conflito entre ficheiros forzando a
    eliminación do paquete que aparece na última liña da mensaxe de
    erro:

    # dpkg -r --force-depends nome_paquete


    Despois de arranxar esas cousas debería poder continuar a
    actualización coas ordes de apt antes descritas.

4.5.5. Cambios na configuración

    Durante a actualización pode que se lle pregunte acerca da
    configuración ou reconfiguración de varios paquetes. Cando se lle
    pregunte si algún ficheiro en /etc/init.d ou o ficheiro /etc/
    manpath.config debería ser substituído pola versión do mantedor
    do paquete, deberías confirmalo para asegurarse de que o sistema
    é consistente. Sempre pode substituílos pola versión anterior,
    que se garda coa extensión .dpkg-old.

    Se non se aclarara, escriba o nome do paquete ou ficheiro e
    resólvao noutro momento. Podes revisar o rexistro de ordes para
    consultar a información que estaba na pantalla durante a
    actualización.

4.5.6. Cambiar a sesión á consola

    Se está executando a actualización usando a consola local do
    sistema pode ser que nalgún momento da actualización a consola se
    mova a unha pantalla diferente e perdas de vista o proceso de
    actualización. Por exemplo, isto pode ocorrer nos sistemas cunha
    interface gráfica cando se reinicia o xestor da pantalla.

    Para volver á consola onde estaba a facer a actualización use 
    Ctrl+Alt+F1 (na pantalla gráfica de inicio) ou Alt+F1 (nunha
    consola local de texto) para volver á terminal virtual 1.
    Substitúa F1 coa tecla función do mesmo número ca o da terminal
    virtual no que estaba a executarse a actualización. Tamén pode
    usar Alt+Frecha Esquerda ou Alt+Frecha Dereita para moverse entre
    as diferentes terminais de texto.

4.6. Actualizar o núcleo e paquetes relacionados

    Esta sección explica como pode actualizar o núcleo e identificar
    posibles problemas relacionados coa actualización. Pode instalar
    un dos paquetes linux-image-* que Debian distribúe, ou compilar
    un núcleo personalizado.

    Teña en mente que moita da información nesta sección asume que
    usará un dos núcleos modulares de Debian, xunto con
    initramfs-tools e udev. Se escolle usar un núcleo personalizado
    que non requira un initrd ou se usa un xerador do initrd
    diferente algunhas partes non se lle aplicarán.

4.6.1. Instalar un núcleo coma metapaquete

    Cando actualice de bullseye a bookworm recomendamos que instale
    un metapaquete linux-image-*, se xa non o tiña feito. Estes
    metapaquetes collerán automáticamente a última versión do núcleo
    durante as actualizacións. Pode comprobar se ten algún instalado
    executando:

    $ dpkg -l 'linux-image*' | grep ^ii | grep -i meta


    Se non hai saída entón necesita instalar, ben un novo paquete
    linux-image, ou ben un metapaquete linux-image. Para ver unha
    lista dos metapaquetes linux-image execute:

    $ apt-cache search linux-image- | grep -i meta | grep -v transition


    Se non sabe que paquete escoller faga uname -r e busque un
    paquete cun nome semellante. Por exemplo, se ten « 4.9.0-8-amd64
     », escolla linux-image-amd64. Tamén pode usar apt para ver unha
    descrición longa de cada paquete para axudarlle a escoller o
    paquete axeitado. Por exemplo:

    $ apt show linux-image-amd64


    Entón deberá usar apt install para instalalo. Cando estea
    instalado o novo núcleo vostede deberá reiniciar cando antes
    poida, para aproveitar os beneficios da nova versión. Porén,
    bótelle unha ollada a Sección 5.1.17, « Cousas que facer despois
    da actualización antes de reiniciar » antes de facer o primeiro
    reinicio despois da actualización.

    Para os máis aventureiros hai unha maneira sinxela de compilar un
    núcleo personalizado en Debian. Instale o código fonte do núcleo,
    do paquete linux-source. Pode usar o obxectivo deb-pkg do
    ficheiro Makefile da fonte para compilar un paquete binario. Máis
    información no Manual Debian do Núcleo Linux (https://
    kernel-team.pages.debian.net/kernel-handbook/) , que tamén se
    pode atopar no paquete debian-kernel-handbook.

    Podes facilitarlle as cousas actualizando o paquete do núcleo de
    forma separada do completo full-upgrade para reducir a
    probabilidade de rematar cun sistema que non arranque. Pero pense
    que isto só se debería facer despois da actualización mínima
    descrita en Sección 4.4.5, « Actualización mínima do sistema ».

4.7. Prepararse para a seguinte versión

    Despois da actualización hai varias cousas que pode facer para
    prepararse para a seguinte versión.

      * Elimine os paquetes redundantes ou obsoletos, tal coma se
        indica en Sección 4.4.3, « Asegúrese de que ten espazo
        dabondo para actualizar » e Sección 4.8, « Paquetes
        obsoletos ». Debería revisar que ficheiros de configuración
        usan e considere purgar os paquetes para eliminar os seus
        ficheiros de configuración. Véxase Sección 4.7.1, « Purgar
        paquetes eliminados ».

4.7.1. Purgar paquetes eliminados

    Recoméndase que purgue os paquetes eliminados. Isto é
    especialmente importante se os paquetes foran eliminados nunha
    actualización previa (p.e. ao actualizar a bullseye) ou proviñan
    de terceiros. En particular, os vellos ficheiros init.d poden dan
    problemas.

    Cuidado
   
    Purgar un paquete soe tamén purgar os seus rexistros, polo que
    debería pensar en facerlles unha copia de seguridade antes.

    A seguinte orde amosa unha lista de todos os paquetes eliminados
    que pode que deixaran ficheiros de configuración no sistema:

    $ apt list '~c'


    Os paquetes poden ser eliminados con apt purge. Se quere purgar
    todos os paquetes do tirón podes usar a seguinte orde:

    # apt purge '~c'


4.8. Paquetes obsoletos

    Inda que introduce moitos paquetes novos, bookworm tamén elimina
    e omite varios paquetes vellos que estaban en bullseye. Non hai
    maneira de actualizar estes paquetes obsoletos. Inda que nada lle
    impide continuar usando un paquete obsoleto cando queira, o
    proxecto Debian soe deixar de darlles asistencia de seguridade
    tras un ano tras a publicación de bookworm^[5], e non dará outras
    formas de asistencia técnica entrementres. Recoméndase que se
    substitúan por alternativas, se existen.

    Hai moitas razóns polas que os paquetes poden ser eliminados da
    distribución: por que a fonte orixinal xa non se encarga deles,
    por que xa non hai Desenvolvedores de Debian interesados en
    manter os paquetes, por que a función que realizan foi
    substituída por programas diferentes ou unha versión nova, ou por
    que xa non se consideran axeitados para bookworm pola cantidade
    de fallos que teñen. Neste último caso pode que os paquetes inda
    se atopen na distribución « inestable ».

    Os « Paquetes Obsoletos e Creados en Local » pódense amosar e
    eliminar usando as ordes:

    $ apt list '~o'
    # apt purge '~o'


    O Sistema de Seguimento de Fallos de Debian (https://
    bugs.debian.org/) pode dar máis información sobre por que se
    eliminou un paquete. Deberías revisar, tanto os informes de fallo
    arquivados do paquete en si, coma os informes de erro arquivados
    do pseudo paquete ftp.debian.org (https://bugs.debian.org/cgi-bin
    /pkgreport.cgi?pkg=ftp.debian.org&archive=yes) .

    Para unha lista dos paquetes obsoletos en Bookworm, consulte
    Sección 5.3.1, « Paquetes obsoletos importantes ».

4.8.1. Paquetes temporais alfaremes

    Algúns paquetes de bullseye pode que foran substituídos en
    bookworm por paquetes temporais alfaremes, que son quenta asentos
    baleiros pensados para simplificar a actualización. Se, por
    exemplo, unha aplicación que antes estaba nun paquete dividiuse
    entre varios, pódese crear un paquete alfareme co mesmo nome que
    o paquete vello e coas dependencias axeitadas para que se
    instalen os paquetes novos. Despois disto pódese eliminar o
    paquete alfareme.

    As descricións dos paquetes alfaremes soen indicar o seu
    obxectivo. Porén, non son uniformes; por exemplo, algúns paquetes
    « alfaremes » están pensados para manterse instalados e instalar
    a suite de programas completa, ou para apuntar á última versión
    dalgún programa. Pode usar deborphan coas opcións --guess-* (p.e.
    --guess-dummy) para detectar os paquetes alfaremes no sistema.


---------------------------------------------------------------------

    ^[1] Se a prioridade de debconf está moi alta pode que non
    aparezan as preguntas de configuración, pero os servizos que usen
    respostas por omisión que non son aplicables ao seu sistema non
    funcionarán.

    ^[2] Por exemplo: os servizos DNS ou DHCP, especialmente cando
    non haxa outros sistemas redundantes que sigan a funcionar
    entrementres. No caso do DHCP os usuarios pode que queden
    desconectados da rede se o tempo de caducidade do préstamo é
    menor que o tempo que tarde en actualizarse.

    ^[3] Esta posibilidade pódese desactivar engadindo o parámetro de
    arranque panic=0.

    ^[4] En circunstancias normais o sistema de xestión de paquetes
    de Debian non lle permite a un paquete eliminar ou substituír un
    ficheiro doutro paquete excepto se é o substituto dese paquete.

    ^[5] Ou mentres non haxa outra versión entrementres. Normalmente
    só se lle da soporte técnico a dúas versións estables á vez.

Capítulo 5. Problemas a ter en conta con bookworm

    As veces os cambios introducidos nunha nova versión teñen efectos
    secundarios imposibles de prever ou amosan fallos en algures.
    Esta sección documenta os problemas que coñecemos. Consulte tamén
    a lista de erratas, a documentación do paquete axeitada, informes
    de fallo e outra información mencionada en Sección 6.1,
    « Lecturas recomendadas ».

5.1. Actualizar elementos específicos para bookworm

    Esta sección trata da actualización de bullseye a bookworm.

5.1.1. O «firmware» non libre moveuse a un compoñente do arquivo
separado

    Tal coma se indica en Sección 2.2, « Áreas do arquivo », a partir
    de agora os paquetes con «firmware» non libre só estarán
    dispoñibles nun compoñente do arquivo dedicado, chamado
    non-free-firmware. Terá que actualizar a configuración de APT
    para asegurarse de que recibe as actualizacións axeitadas. De
    seguido se amosa un exemplo, asumindo que o compoñente non-free
    só se engadiu para instalar «firmware»:

    deb https://deb.debian.org/debian bookworm main non-free-firmware

    Se está a ler este capítulo por indicación de apt, pode evitar
    que lle avise deste cambio creando un ficheiro de apt.conf(5)
    (https://manpages.debian.org//bookworm/apt/apt.conf.5.html) en /
    etc/apt/apt.conf.d/no-bookworm-firmware.conf co seguinte contido:

    APT::Get::Update::SourceListWarnings::NonFreeFirmware "false";

5.1.2. Cambios aos paquetes que modifican o reloxo do sistema

    O paquete ntp, que era a versión por omisión para configurar a
    hora do sistema dende servidores NTP, foi substituído por ntpsec.

    A meirande parte do usuarios non precisan de facer nada para
    cambiar de ntp a ntpsec.

    Bookworm tamén inclúe varios paquetes que provén ese mesmo
    servizo. En Debian a opción por omisión é systemd-timesyncd, que
    abonda para os usuarios que só precisen un cliente ntp para
    manterse en hora. Esta versión tamén inclúe chrony e openntpd,
    que permiten un uso máis avanzado, como pode ser operar o teu
    servidor NTP propio.

5.1.3. Sistema de xestión de configuración «Puppet» actualizado á
versión 7

    Puppet foi actualizado da versión 5 á 7, saltando todas as
    versións 6. Esta versión introduce grandes cambios no ecosistema
    de Puppet.

    A versión clásica baseada en Ruby de Puppet Master 5.5.x foi
    declarada obsoleta polo autor orixinal, e xa non está dispoñible
    en Debian. Foi substituída por Puppet Server 7.x, no paquete
    puppetserver. Este paquete é instalado automaticamente mediante
    unha dependencia transitiva do paquete puppet-master.

    Pode que algunhas configuracións existentes non precisen de
    retoques con Puppet Server, pero de todos xeitos debería revisar
    os ficheiros de configuración dispoñibles en /etc/puppet/
    puppetserver para asegurarse de que as opcións predeterminadas
    seguen sendo axeitadas. En particular, o antigo formato de
    auth.conf está obsoleto. Vexa a documentación de auth.conf
    (https://www.puppet.com/docs/puppet/7/server/
    config_file_auth.html) para máis información.

    Recoméndase actualizar o servidor antes cos clientes. O servidor
    de Puppet 7 é compatible con clientes antigos (https://
    www.puppet.com/docs/puppet/7/server/
    compatibility_with_puppet_agent.html) , e un servidor de Puppet 5
    pode xestionar axentes actualizados, pero non pode rexistrar
    novos axentes de Puppet 7. Por mor disto, non se poderán engadir
    novos axentes de Puppet 7 á flota sen antes actualizar.

    O paquete puppet foi substituído polo paquete puppet-agent, e o
    antigo paquete foi convertido nun paquete transicional para
    axudar á actualización.

    Tamén indicar que o paquete puppetdb, que fora eliminado en
    bullseye, estará de novo dispoñible en bookworm.

5.1.4. yt-dlp substitúe a youtube-dl

    A coñecida ferramenta youtube-dl, que permite descargar vídeos
    dun grande número de páxinas (entre elas YouTube) xa non estará
    dispoñible en Debian. No seu lugar estará un paquete de
    transición baleiro que se encargará de instalar o paquete yt-dlp
    para substituílo. yt-dlp é a versión de youtube-dl onde inda
    continúa o desenvolvemento.

    Non se van instalar capas de compatibilidade, polo que precisará
    de cambiar os seus programas e memoria muscular para chamar a 
    yt-dlp, no canto de youtube-dl. A funcionalidade debería ser a
    mesma, inda que algunhas opcións ou comportamentos foron
    cambiados. Consulte o manual (https://manpages.debian.org//
    bookworm/yt-dlp/yt-dlp.1.html) de yt-dlp para máis información, e
    en particular a sección Diferencias no comportamento por omisión
    (https://manpages.debian.org/bookworm/yt-dlp/yt-dlp.1.html#
    Differences_in_default_behavior) .

5.1.5. Non se poderán instalar varias versións de fcitx en paralelo

    Os paquetes fcitx e fcitx5 conteñen as versións 4 e 5 do Método
    de Entrada Fcitx. O autor orixinal recomenda que non se poidan
    instalar ambas versións á vez no mesmo sistema. Os usuarios que
    teñan ambas versións instaladas terán que decidir cal versión
    eliminan.

    Recomendamos que, antes de actualizar, os usuarios eliminen todos
    os paquetes relacionados coa versión que van eliminar (fcitx-*
    para Fcitx 4 e fcitx5-* para Fcitx 5). Cando remate a
    actualización pode que precise executar a orde im-config outra
    vez para escoller o método de entrada a usar no sistema.

    Pode obter máis información sobre o razoamento no aviso publicado
    na lista de correo (https://lists.debian.org/debian-chinese-gb/
    2021/12/msg00000.html) (texto en chinés simplificado).

5.1.6. Os nomes dos paquetes de MariaDB xa non inclúen os números da
versión

    Bullseye incluía a versión de MariaDB nos nomes dos paquetes
    (v.g. mariadb-server-10.5 e mariadb-client-10.5), mentres que en
    bookworm os nomes dos mesmos paquetes para MariaDB 10.11 xa non
    inclúen a versión (v.g. mariadb-server e mariadb-client). A
    versión de MariaDB inda está dispoñible nos metadatos da versión
    do paquete.

    Coñécese un caso (Bug #1035949) (https://bugs.debian.org/1035949)
    no que a actualización a paquetes sen versión no nome pode
    fallar: correr

    apt-get install default-mysql-server

    pode dar un erro se mariadb-client-10.5 e o ficheiro /usr/bin/
    mariadb-admin foron eliminados antes de que o servizo de SysV do
    servidor de MariaDB empezase o apagado, para o que precisa 
    mariadb-admin. Para evitalo faga

    apt upgrade

    antes de facer

    apt full-upgrade

    .

    Para máis información sobre os cambios nos nomes dos paquetes de
    MariaDB vexa /usr/share/doc/mariadb-server/NEWS.Debian.gz (https:
    //salsa.debian.org/mariadb-team/mariadb-server/-/blob/
    280369f034bedae714af2f26111d1d9d1659f142/debian/
    mariadb-server.NEWS) .

5.1.7. Cambios no sistema de rexistros

    O paquete rsyslog xa non se precisa na maioría de sistemas, e
    pódese eliminar sen problemas.

    Moitos programas envían mensaxes ao rexistro para informarlle ao
    usuario o que están a facer. Estas mensaxes pódense consultar
    usando o rexistro (« journal » en inglés) de systemd, ou cun « 
    daemon de rexistros do sistema (syslog) », como pode ser rsyslog.

    rsyslog viña instalado con bullseye, e o rexistro de systemd
    estaba configurado para enviar todas as mensaxes do rexistro a
    rsyslog, que garda as mensaxes en varios ficheiros de texto, por
    exemplo /var/log/syslog.

    rsyslog xa non se instalará por omisión en bookworm. Se non quere
    continuar usando rsyslog pode marcalo como instalado de forma
    automática tras a actualización executando

    apt-mark auto rsyslog

    e despois facendo
   
    apt autoremove

    para eliminalo, segundo as dependencias. Se ao actualizar de
    versións antigas de Debian non aceptou a configuración
    predeterminada, pode que o rexistro non estea configurado para
    gardar os mensaxes en almacenamento permanente. Para activalo
    consulte as instrucións en journald.conf(5) (https://
    manpages.debian.org//bookworm/systemd/journald.conf.5.html) .

    Se decide cambiar o rsyslog unha alternativa sería usar 
    journalctl para ler as mensaxes do rexistro, que están
    almacenadas en binario en /var/log/journal. Por exemplo,

    journalctl -e

    amosa os últimos mensaxes do rexistro e
   
    journalctl -ef

    amosa os novos mensaxes en vivo (algo semellante a executar

    tail -f /var/log/syslog

    ).

5.1.8. Cambios en rsyslog que afectan a analistas de rexistros, por
exemplo a logcheck

    rsyslog agora usa « datas e horas de alta precisión », o que pode
    afectar outros programas que analicen os rexistros do sistema.
    Pode atopar máis información sobre como personalizar esta opción
    en rsyslog.conf(5) (https://manpages.debian.org//bookworm/rsyslog
    /rsyslog.conf.5.html) .

    Se ten regras locais para logcheck comprobe que funcionan cos
    cambios nas datas. logcheck analiza as mensaxes no rexistro do
    sistema (creado por systemd-journald ou rsyslog) usando unha base
    de datos personalizable de regras en forma de expresións
    regulares. Calquera regra que comprobe a data e hora na que se
    emitiu a mensaxe terá que actualizarse para que funcione co novo
    formato de rsyslog. As regras predeterminadas, dispoñibles no
    paquete logcheck-database, xa están actualizadas, pero calquera
    outra regra local ou externa inda precisa unha comprobación. En /
    usr/share/doc/logcheck-database/NEWS.Debian.gz (https://
    salsa.debian.org/debian/logcheck/-/blob/debian/1.4.0/debian/
    logcheck-database.NEWS) ten dispoñible un programa para axudar a
    actualizar as regras logcheck locais.

5.1.9. rsyslog creará menos ficheiros de rexistros

    rsyslog cambiou que ficheiros crea para gardar os rexistros, polo
    que algúns ficheiros en /var/log poden eliminarse.

    Se segue a usar rsyslog (véxase Sección 5.1.7, « Cambios no
    sistema de rexistros ») verá que algúns ficheiros en /var/log xa
    non se crearán de xeito predeterminado. Todas as mensaxes deses
    ficheiros seguirán escribíndose en /var/log/syslog, pero non se
    crearan os ficheiros individuais.

    Os ficheiros que xa non se crearán son:

      * /var/log/mail.{info,warn,err}

        Estes ficheiros contiñan mensaxes do axente de transporte de
        correo local (MTA), clasificados por importancia.

        /var/log/mail.log contén todas as mensaxes relacionadas co
        correo, polo que estes ficheiros (e cadansúa versión rotada)
        pódense eliminar sen problemas. Se estaba a usar eses
        ficheiros para analizar anomalías pode que precise cambiarse
        a outros programas, como pode ser logcheck.
   
      * /var/log/lpr.log

        Este ficheiro contén mensaxes relacionadas coa impresión. O
        sistema de impresión por omisión en Debian, cups, non usa
        este ficheiro, polo que se non instalou algún outro sistema
        de impresión pode eliminalo (e os ficheiros rotados
        correspondentes) sen problemas.

      * /var/log/{messages,debug,daemon.log}

        Estes ficheiros (e cadanseu correspondente rotado) pódense
        eliminar. Todo o que se escribira neses ficheiros tamén está
        dispoñible en /var/log/syslog.

5.1.10. Pode que a actualización de slapd precise dunha intervención
manual

    A nova versión 2.5 de OpenLDAP inclúe algúns cambios
    incompatibles, tal coma se indica neste anuncio (https://
    git.openldap.org/openldap/openldap/-/raw/OPENLDAP_REL_ENG_2_5/
    ANNOUNCEMENT) . Pode ser que o servizo slapd, dependendo da
    configuración, non se active tras a actualización, precisándose
    actualizar manualmente a configuración.

    Estes son algúns dos cambios incompatibles coñecidos:

      * As infraestruturas das bases de datos de slapd-bdb(5) (https:
        //manpages.debian.org//bullseye/slapd/slapd-bdb.5.html) e
        slapd-hdb(5) (https://manpages.debian.org//bullseye/slapd/
        slapd-hdb.5.html) elimináronse. Se inda está a usar algo diso
        en bullseye recomendámoslle que migre a slapd-mdb(5) (https:/
        /manpages.debian.org//bookworm/slapd/slapd-mdb.5.html) antes
        de actualizar a bookworm.

      * Eliminouse a infraestrutura de base de datos slapd-shell(5)
        (https://manpages.debian.org//bullseye/slapd/
        slapd-shell.5.html) .

      * A cobertura slapo-ppolicy(5) (https://manpages.debian.org//
        bookworm/slapd/slapo-ppolicy.5.html) agora inclúe o seu
        esquema compilado no módulo. O anterior esquema externo, se
        existir, interfire co novo.

      * O módulo de contrasinal pw-argon2 (https://
        manpages.debian.org//bullseye/slapd-contrib/
        slapd-pw-argon2.5.html) agora se chama argon2 (https://
        manpages.debian.org//bookworm/slapd/slappw-argon2.5.html) .

    Pode consultar as instrucións sobre como completar a
    actualización e reactivar o servizo slapd en /usr/share/doc/slapd
    /README.Debian.gz (https://sources.debian.org/src/openldap/
    bookworm/debian/slapd.README.Debian/) . Tamén debería consultar
    as notas de versión dos autores (https://openldap.org/doc/admin25
    /appendix-upgrading.html) .

5.1.11. GRUB xa non executa os-prober automáticamente

    grub leva moito tempo usando o paquete os-prober para detectar
    outros sistemas operativos instalados no ordenador, de xeito que
    os poida engadir ao menú de arranque. Porén, isto pode causar
    certos problemas (por exemplo, se hai máquinas virtuais
    executándose), polo que agora isto está desactivado por omisión
    na última versión.

    Se está a usar GRUB para arrancar o sistema e quere que aparezan
    outros sistemas operativos no menú de arranque terá que modificar
    isto. Modifique o ficheiro /etc/default/grub e engada ou active a
    liña GRUB_DISABLE_OS_PROBER=false e execute update-grub, ou
    execute

    dpkg-reconfigure <GRUB_PACKAGE>

    para cambiar isto e outras configuracións de GRUB dun xeito máis
    sinxelo.

5.1.12. GNOME reduciu a accesibilidade de lectores de pantalla

    Moitas aplicacións de GNOME xa mudaron do marco gráfico GTK3 a
    GTK4. Por desgraza isto provoca que estas aplicacións perdan
    compatibilidade con lectores de pantalla, como pode ser orca.

    Se depende dun lector de pantallas lle recomendamos que considere
    cambiarse a un escritorio diferente, como por exemplo Mate
    (https://mate-desktop.org) , que é máis accesible. Para facer
    isto instale o paquete mate-desktop-environment. Para usar Orca
    con Mate consulte esta ligazón (https://wiki.debian.org/
    Accessibility/Orca#MATE) .

5.1.13. Salto da arquitectura base de 32-bit PC ai686

    A compatibilidade con 32-bit PC (tamén chamada en Debian
    arquitectura i386) xa non é posible con procesadores i586. Os
    novos requirimentos mínimos son i686. Isto ocorre por que a
    partir de agora a arquitectura i386 precisa da instrucción «NOP
    longo» (NOPL), mentres que bullseye inda permitía usar algúns
    procesadores i586 sen esa instrucción (por exemplo o «AMD
    Geode»).

    Se a súa máquina non é compatible con este requisito lle
    recomendamos que se manteña en bullseye mentres inda reciba
    parches.

5.1.14. Cambios na configuración de polkit

    O servizo polkit (antes chamado PolicyKit), que permite que
    programas sen privilexios accedan a servizos do sistema
    privilexiados, mudou a sintaxe e localización das regras de
    políticas locais, por mor de consistencia co orixinal e con
    outras distribucións. A partir de agora deberá escribir as súas
    regras locais personalizadas en JavaScript (https://wikipedia.org
    /wiki/JavaScript) , e gardalas en /etc/polkit-1/rules.d/*.rules.
    Pode atopar exemplos do novo formato en /usr/share/doc/polkitd/
    examples/. Consulte polkit(8) (https://manpages.debian.org//
    unstable/polkitd/polkit.8.html#AUTHORIZATION_RULES) para máis
    información.

    Antes podíanse escribir as regras en formato pkla e deixalas en
    subdirectorios de /etc/polkit-1/localauthority ou de /var/lib/
    polkit-1/localauthority. Porén, agora os ficheiros .pkla están
    obsoletos e só funcionarán instalando o paquete polkitd-pkla.
    Este paquete instalarase automaticamente ao actualizar a
    bookwork, pero non é probable que se inclúa en futuras versións
    de Debian, polo que aquelas políticas locais que o precisen
    deberíanse migrar a formato JavaScript.

5.1.15. A partir de agora precisarase « /usr fusionado »

    Debian adoptou un sistema de ficheiros cunha estrutura diferente,
    o chamado « /usr fusionado », que xa non inclúe os antigos
    directorios /bin, /sbin, /lib nin as variantes opcionais /lib64.
    Nesta nova estrutura substituíronse estes directorios por
    ligazóns a cadansúa correspondente versión /usr/bin, /usr/sbin, /
    usr/lib e /usr/lib64. Por mor disto, por exemplo, tanto /bin/bash
    coma /usr/bin/bash executarán bash.

    Para os sistemas instalados durante buster e bullseye non haberá
    cambios, por que esta nova estrutura xa se usaba nesas versións.
    Os sistemas que inda usaren a vella estrutura, agora
    incompatible, converteranse á nova estrutura durante a
    actualización a bookworm.

    Esta conversión non debería afectar a meirande parte de usuarios.
    Todos os ficheiros moveranse automaticamente ás novas rutas inda
    que se instalaren localmente ou viñeren de paquetes externos a
    Debian. As rutas estáticas, como pode ser /bin/sh, seguirán
    funcionando. Porén, si que poden ocorrer algúns problemas:

      * 
        dpkg --search

        devolverá resultados incorrectos para aqueles ficheiros que
        se moveran ás novas rutas:

        dpkg --search /usr/bin/bash

        non identificará que bash veu dun paquete. Pero

        dpkg --search /bin/bash

        inda funciona sen problemas.

      * Os programas locais externos a Debian pode que non sexan
        compatibles coa nova estrutura e pode que, por exemplo,
        asuman que /usr/bin/name e /bin/name son dous ficheiros
        diferentes. Isto non é posible nos sistemas fusionados
        (incluíndo as novas instalacións de buster e posteriores),
        polo que calquera programa que faga iso terá que arranxarse
        ou eliminarse antes de actualizar.

      * Os sistemas que usen unha « capa base » na que non se pode
        escribir (como poden ser as imaxes de WSL1 (https://
        wiki.debian.org//https://wiki.debian.org/InstallingDebianOn/
        Microsoft/Windows/SubsystemForLinux) ou os contedores que
        usen overlayfs (https://en.wikipedia.org/wiki/OverlayFS)
        multicapa) non se pode converter sen risco, e deberanse
        substituír (por exemplo instalando unha nova imaxe de WSL 1
        da tenda) ou actualizar cada capa individualmente (por
        exemplo actualizando a capa base de Debian no overlayfs
        independentemente) no canto de facer dist-upgrade.

    Para máis información consulte Sobre a Fusión de /usr (https://
    www.freedesktop.org/wiki/Software/systemd/TheCaseForTheUsrMerge/)
    e a resolución do Comité Técnico de Debian (https://
    bugs.debian.org/994388#110) .

5.1.16. As actualizacións non permitidas dende buster fallan en
libcrypt1

    Debian só permite actualizar dende unha versión estable á seguinte,
    neste caso dende bullseye a bookworm. Non se permiten as
    actualizacións de buster a bookworm, e fallarán por mor do fallo #
    993755 (https://bugs.debian.org/993755) con esta mensaxe:
   
    A configurar libc6:i386 (2.36-9) ...
    /usr/bin/perl: error while loading shared libraries: libcrypt.so.1: cannot open shared object file: No such file or directory
    dpkg: erro ao procesar libc6:i386 (--configure):
    installed libc6:i386 package post-installation script subprocess returned error exit status 127


    Porén, pódese recuperar desta situación forzando a instalación do
    novo libcrypt1:

    # cd $(mktemp -d)
    # apt download libcrypt1
    # dpkg-deb -x libcrypt1_*.deb .
    # cp -ra lib/* /lib/
    # apt --fix-broken install


5.1.17. Cousas que facer despois da actualización antes de reiniciar

    Cando remate apt full-upgrade, a actualización « en sí » rematou.
    Para actualizar a bookworm non é necesario facer máis cousas
    antes de reiniciar.

5.2. Cousas non exclusivas do proceso de actualización

5.2.1. Limitacións na asistencia técnica sobre seguridade

    Hai algúns paquetes onde Debian non pode prometer manter unha
    modernización mínima por razóns de seguridade. Estes paquetes
    trátanse nas seguintes subseccións.

    Nota
   
    O paquete debian-security-support axuda a manterse ao día sobre a
    asistencia técnica de seguridade dos paquetes.

5.2.1.1. O estado da seguridade dos navegadores de internet e os seus
motores de renderizado

    Debian 12 inclúe varios motores de navegador da rede que están
    afectados polo fluxo constante de vulnerabilidades de seguridade.
    A gran cantidade de vulnerabilidades, e a falta parcial de
    soporte técnico da fonte orixinal na forma de pólas de
    desenvolvemento a longo prazo, fan moi difícil manter a
    compatibilidade con estes navegadores e motores con arranxos de
    mantemento de seguridade. Ademais, as dependencias entre
    bibliotecas fan moi difícil actualizar a versións máis novas da
    fonte orixinal. As aplicacións que usen o paquete fonte
    webkit2gtk (como pode ser epiphany ) teñen cobertura de
    seguridade, pero as aplicacións que usen qtwebkit (paquete fonte
    qtwebkit-opensource-src ) non teñen.

    Como navegador de uso diario recomendamos Firefox ou Chromium.
    Estes navegadores mantéñense ao día recompilando as versións ESR
    actuais para Debian estable. A mesma estratexia usarase para
    Thunderbird.

    Despois de que unha versión pase a oldstable os navegadores con
    actualizacións oficiais non as recibirán fora do período de
    cobertura normal. Por exemplo, Chromium só recibirá 6 meses de
    actualizacións de seguridade en oldstable, en comparación cos 12
    meses normais.

5.2.1.2. Paquetes baseados en Go e Rust

    A infraestrutura de Debian inda ten problemas ao recompilar os
    tipos de paquetes que abusan do ligado estático. O crecemento do
    ecosistema de Go e Rust fai que os paquetes baseados neses
    ecosistemas terán unha asistencia técnica de seguridade limitada
    ata que a infraestrutura mellore o suficiente como para
    xestionalos sen problemas.

    As actualizacións das bibliotecas de desenvolvemento de Go, se se
    precisaren, só poderían vir nas versións regulares principais.

5.2.2. Intérpretes de Python marcados coma xestionados externamente

    Os paquetes de Debian que conteñen intérpretes de python3
    (python3.11 e pypy3) serán marcados coma «xestionados
    externamente», segundo se indica no PEP-668 (https://
    peps.python.org/pep-0668/) . A versión de python3-pip dispoñible
    en Debian tamén fai isto, e non instalará manualmente paquetes
    nos intérpretes python de Debian, excepto se se pasa a opción
    --break-system-packages.

    Recomendamos que instale calquera aplicación (ou versión) non
    empaquetada en Debian mediante pipx (do paquete pipx). pipx
    montará un ambiente illado doutras aplicacións e módulos Python
    do sistema, e usara ese ambiente para instalar a aplicación e as
    súas dependencias.

    Recomendamos, se for posible, que instale calquera módulo e
    biblioteca (de calquera versión) non empaquetada en Debian nun
    «virtualenv». Os «virtualenv» pódense crear mediante o módulo
    venv, parte da «stdlib» de Python (no paquete python3-venv), ou
    coa ferramenta externa de Python virtualenv (no paquete
    virtualenv). Por exemplo, no canto de usar pip install --user foo
    poderíase executar mkdir -p ~/.venvs && python3 -m venv ~/.venvs/
    foo && ~/.venvs/foo/bin/python -m pip install foo para instalar
    foo nun virtualenv propio.

    Consulte /usr/share/doc/python3.11/README.venv para máis
    información.

5.2.3. Compatibilidade limitada para a codificación/descodificación
de vídeo acelerada por hardware en VLC

    O reprodutor de vídeo VLC é compatible coa codificación e
    descodificación de vídeo por hardware mediante VA-API e VDPAU.
    Porén a compatibilidade con VA-API está ligada á versión de
    FFmpeg. E como FFmpeg foi actualizado á rama 5.x a VA-API de VLC
    tívose que desactivar. Aqueles usuarios cuxas tarxetas gráficas
    teñan compatibilidade nativa con VA-API (por exemplo as tarxetas
    gráficas de Intel e AMD) pode que noten un pico de uso do
    procesador durante a reprodución e codificación de vídeo.

    Aos usuarios de tarxetas gráficas con compatibilidade nativa con
    VDPAU (por exemplo, NVIDIA cos controladores non libres) non lles
    afectará este problema.

    A compatibilidade con VA-API e VDPAU pódese comprobar con vainfo
    e vdpauinfo (en cadanseu paquete do mesmo nome).

5.2.4. systemd-resolved foi separado a un novo paquete

    O novo paquete systemd-resolved xa non se instalará
    automaticamente ao actualizar. Se estaba a usar o servizo 
    systemd-resolved terá que instalar o paquete manualmente tras
    actualizar, e lémbrese de que ate que se instale a resolución DNS
    pode que non funcione, ao non estar o servizo presente no
    sistema. Instalar este paquete daralle o control de /etc/
    resolv.conf a systemd-resolved automaticamente. Para máis
    información sobre systemd-resolved consulte a documentación
    oficial (https://www.freedesktop.org/software/systemd/man/
    systemd-resolved.service.html) . Tamén teña en conta que
    systemd-resolved non era, nin é, o servizo de resolución DNS
    predeterminado de Debian. Se non está a usar systemd-resolved non
    precisa facer nada.

5.2.5. systemd-boot foi separado a un novo paquete

    O novo paquete systemd-boot xa non se instalará automaticamente
    ao actualizar. Se estaba a usar systemd-boot terá que instalar o
    paquete manualmente, e ate que o faga usarase a versión anterior
    de systemd-boot para iniciar o sistema. Instalar este paquete
    tamén configurará systemd-boot coma o sistema de arranque da
    máquina. O sistema de arranque predeterminado en Debian segue a
    ser GRUB. Se non está a usar systemd-boot non precisa facer nada.

5.2.6. systemd-journal-remote xa non usará GnuTLS

    Os servizos opcionais systemd-journal-gatewayd (https://
    www.freedesktop.org/software/systemd/man/
    systemd-journal-remote.service.html#--trust=) e
    systemd-journal-remote (https://www.freedesktop.org/software/
    systemd/man/systemd-journal-gatewayd.service.html#--trust=) xa
    non se compilarán con GnuTLS, o que fai que xa non se use o
    parámetro --trust. Se se intenta usar saltará un fallo.

5.2.7. Moitas modificacións a adduser en bookworm

    Realizáronse varios cambios en adduser. O máis prominente é que
    --disabled-password e --disabled-login xa son practicamente
    equivalentes. Para máis información consulte /usr/share/doc/
    adduser/NEWS.Debian.gz.

5.2.8. Nomeamento previsible das interfaces de rede de Xen

    A lóxica previsible de nomeamento que usa systemd para as
    interfaces de rede foi estendida para xerar nomes estables da
    información dos dispositivos do «netfront» de Xen. Isto fai que,
    a diferenza do antigo método de deixar que o núcleo escolla os
    nomes, agora as interfaces teñen nomes estables, da forma enXnº.
    Lembre de adaptar o seu sistema antes de reiniciar tras a
    actualización. Para máis información consulte a páxina wiki
    NetworkInterfaceNames (https://wiki.debian.org/
    NetworkInterfaceNames#bookworm-xen) .

5.2.9. Cambios en como dash interpreta o acento circunflexo

    dash, que é o intérprete de ordes /bin/sh por omisión en Debian,
    a partir de agora tomará o acento circunflexo (^) coma un
    carácter literal, como se indica na normativa POSIX. Isto implica
    que en bookworm [^0-9] non é « sen incluír do 0 ao 9 », se non
    que agora significa « de 0 ao 9 e o ^ ».

5.2.10. netcat-openbsd é compatible con socket abstractos

    A ferramenta netcat para ler e enviar datos a través da rede xa é
    compatible con socket abstractos (https://manpages.debian.org//
    bookworm/manpages/unix.7.html#Abstract_sockets) e xa os usa por
    omisión nalgúns casos.

    Por omisión netcat está no paquete netcat-traditional. Pero se
    está a usar o netcat de netcat-openbsd cun socket AF_UNIX
    aplícase o novo predeterminado. Neste caso a opción -U de nc
    interpretará como que pide un socket abstracto, no canto dun
    ficheiro normal, se o parámetro empeza por @. Isto pode
    representar un perigo por que xa non se poden usar os permisos do
    sistema de ficheiros para controlar o acceso ao socket abstracto.
    Para seguir usando un ficheiro que empece por @ meta antes un ./
    ou especifique a ruta absoluta.

5.3. Obsolescencia e deprecación

5.3.1. Paquetes obsoletos importantes

    Esta é unha lista dos paquetes obsoletos que se consideran
    importantes (véxase Sección 4.8, « Paquetes obsoletos » para a
    definición).

    A lista de paquetes obsoletos inclúe:

      * O paquete libnss-ldap foi eliminado de bookworm. As súas
        funcionalidades atoparanse nos paquetes libnss-ldapd e
        libnss-sss.

      * O paquete libpam-ldap foi eliminado de bookworm. O sucesor de
        libpam-ldap é libpam-ldapd.

      * O paquete fdflush foi eliminado de bookworm. No seu lugar use
        a orde blockdev --flushbufs do paquete util-linux.

      * Eliminouse o paquete libgdal-perl de bookworm por que a
        interface de Perl para GDAL xa non recibe apoio dos seus
        autores. Se precisa da interface de Perl para GDAL pode
        migrar á interface FFI do paquete Geo::GDAL::FFI dispoñible
        en CPAN. Porén, terá que compilar os seus propios binarios,
        tal coma se indica na páxina wiki de BookwormGdalPerl (https:
        //wiki.debian.org/BookwormGdalPerl) .

5.3.2. Compoñentes deprecados para bookworm

    Na seguinte versión de Debian 13 (alcumada trixie) quitáronse
    algunhas características. Os usuarios terán que migrar a outras
    alternativas para evitar problemas ao actualizaren a Debian 13.

    Isto inclúe as seguintes características:

      * O desenvolvemento do servizo «NSS» gw_name rematou en 2015.
        Por mor diso pode que o paquete asociado, libnss-gw-name,
        sexa eliminado nunha versión de Debian futura. Os
        desenvolvedores orixinais suxiren como alternativa
        libnss-myhostname.

      * dmraid leva dende o 2010 sen recibir actualizacións dos
        autores orixinais, e en Debian só recibe actualizacións de
        mantemento. bookworm será a última versión que o conteña. Se
        estaba a usar dmraid empece a buscar alternativas.

      * request-tracker4 foi substituído por request-tracker5 para
        esta versión, e será eliminado en futuras versións.
        Recomendámoslle que migre de request-tracker4 a
        request-tracker5 mentres dure esta versión.

      * A suite isc-dhcp foi declarada obsoleta (https://www.isc.org/
        blogs/isc-dhcp-eol/) polo ISC (https://www.isc.org/) . Na
        wiki de Debian (https://wiki.debian.org/) hai unha listaxe de
        alternativas. As páxinas cliente DHCP (https://
        wiki.debian.org/DHCP_Client) e servidor DHCP (https://
        wiki.debian.org/DHCP_Server) teñen listaxes actualizadas. Se
        usa NetworkManager ou systemd-networkd pode eliminar o
        paquete isc-dhcp-client sen problemas, ámbolos dous teñen a
        súa versión propia. Se está a usar o paquete ifupdown pode
        probar con udhcpc coma substituto. O ISC recomenda o paquete
        Kea coma alternativa para servidores DHCP.

        O equipo de seguridade seguirá mantendo o paquete isc-dhcp
        durante o ciclo de vida de bookworm, pero o paquete
        seguramente non estea dispoñible a partir da seguinte versión
        estable. Consulte o fallo #1035972 (fin da vida de isc-dhcp)
        (https://bugs.debian.org/1035972) para máis información.

5.4. Fallos graves coñecidos

    Que Debian saque as novas versións cando estean listas non
    significa que non teña fallos coñecidos. Parte do proceso de
    edición consiste en que o Equipo de Edición (ou equipo «Release»)
    seguir os fallos de gravidade seria («serious») ou superior.
    Pódese atopar no Sistema de Seguimento de Fallos de Debian
    (https://bugs.debian.org/) un resumo dos fallos (https://
    bugs.debian.org/cgi-bin/pkgreport.cgi?users=
    release.debian.org@packages.debian.org;tag=bookworm-can-defer)
    que foran clasificados para ser ignorados no remate do lanzamento
    de bookworm. Os seguintes fallos suficientemente notables
    afectaban a bookworm no momento de sacar esa versión:

    +------------------------------------------------------------------+
    |  Nº do fallo  |Paquete (fonte ou binario)|      Descrición       |
    |---------------+--------------------------+-----------------------|
    |1032240 (https:|                          |o servidor akonadi non |
    |//             |akonadi-backend-mysql     |se inicia por que non  |
    |bugs.debian.org|                          |se pode conectar á base|
    |/1032240)      |                          |de datos mysql         |
    |---------------+--------------------------+-----------------------|
    |1032177 (https:|                          |                       |
    |//             |faketime                  |faketime non falsifica |
    |bugs.debian.org|                          |a data (en i386)       |
    |/1032177)      |                          |                       |
    |---------------+--------------------------+-----------------------|
    |918984 (https:/|                          |engadido método para   |
    |/              |src:fuse3                 |actualizar fuse ->     |
    |bugs.debian.org|                          |fuse3 en bookworm      |
    |/918984)       |                          |                       |
    |---------------+--------------------------+-----------------------|
    |1016903 (https:|                          |tree-vectorize: Código |
    |//             |g++-12                    |incorrecto no nivel O2 |
    |bugs.debian.org|                          |(-fno-tree-vectorize   |
    |/1016903)      |                          |funciona)              |
    |---------------+--------------------------+-----------------------|
    |1020284 (https:|                          |non se puido purgar:   |
    |//             |git-daemon-run            |deluser -f: Opción     |
    |bugs.debian.org|                          |descoñecida: f         |
    |/1020284)      |                          |                       |
    |---------------+--------------------------+-----------------------|
    |919296 (https:/|                          |falla con «alerta:     |
    |/              |                          |git-daemon: non se     |
    |bugs.debian.org|git-daemon-run            |puido abrir "supervise/|
    |/919296)       |                          |ok": o ficheiro non    |
    |               |                          |existe»                |
    |---------------+--------------------------+-----------------------|
    |1034752 (https:|                          |                       |
    |//             |src:gluegen2              |inclúe as cabeceiras   |
    |bugs.debian.org|                          |non libres             |
    |/1034752)      |                          |                       |
    |---------------+--------------------------+-----------------------|
    |               |                          |Non compila en testing:|
    |1036256 (https:|                          |dh_auto_test: error: cd|
    |//             |                          |_build && go test -vet=|
    |bugs.debian.org|src:golang-github-pin-tftp|off -v -p 8 github.com/|
    |/1036256)      |                          |pin/tftp github.com/pin|
    |               |                          |/tftp/netascii devolveu|
    |               |                          |código de error 1      |
    |---------------+--------------------------+-----------------------|
    |1036575 (https:|                          |faltan dependencias:   |
    |//             |groonga-bin               |libjs-jquery-flot,     |
    |bugs.debian.org|                          |libjs-jquery-ui        |
    |/1036575)      |                          |                       |
    |---------------+--------------------------+-----------------------|
    |               |                          |avisos de              |
    |1036041 (https:|                          |actualización: Dell XPS|
    |//             |                          |9550 non arranca tras  |
    |bugs.debian.org|src:grub2                 |actualizar de bullseye |
    |/1036041)      |                          |a bookworm - problema  |
    |               |                          |coa interacción co grub|
    |               |                          |/bios?                 |
    |---------------+--------------------------+-----------------------|
    |558422 (https:/|                          |                       |
    |/              |grub-pc                   |a actualización        |
    |bugs.debian.org|                          |atascouse              |
    |/558422)       |                          |                       |
    |---------------+--------------------------+-----------------------|
    |913916 (https:/|                          |Desapareceu a opción de|
    |/              |grub-efi-amd64            |arranque UEFI tras     |
    |bugs.debian.org|                          |actualizar a grub2     |
    |/913916)       |                          |2.02~beta3-5+deb9u1    |
    |---------------+--------------------------+-----------------------|
    |924151 (https:/|                          |grub.cfg erróneo para  |
    |/              |grub2-common              |arranque efi e disco   |
    |bugs.debian.org|                          |totalmente cifrado     |
    |/924151)       |                          |                       |
    |---------------+--------------------------+-----------------------|
    |925134 (https:/|                          |grub-efi-amd64-signed: |
    |/              |grub-efi-amd64            |non monta os discos    |
    |bugs.debian.org|                          |cifrados               |
    |/925134)       |                          |                       |
    |---------------+--------------------------+-----------------------|
    |945001 (https:/|                          |GRUB-EFI fai unha      |
    |/              |grub-efi-amd64            |desfeita coas variables|
    |bugs.debian.org|                          |de arranque            |
    |/945001)       |                          |                       |
    |---------------+--------------------------+-----------------------|
    |965026 (https:/|                          |grub-emu cala a consola|
    |/              |grub-emu                  |de linux se se executa |
    |bugs.debian.org|                          |coma superusuario      |
    |/965026)       |                          |                       |
    |---------------+--------------------------+-----------------------|
    |984760 (https:/|                          |a actualización        |
    |/              |                          |funciona, o arranque   |
    |bugs.debian.org|grub-efi-amd64            |falla (error: non se   |
    |/984760)       |                          |atopou o símbolo       |
    |               |                          |«grub_is_lockdown»)    |
    |---------------+--------------------------+-----------------------|
    |1036263 (https:|                          |Non compila en testing:|
    |//             |src:guestfs-tools         |make[6]: ***           |
    |bugs.debian.org|                          |[Makefile:1716:        |
    |/1036263)      |                          |test-suite.log] Error 1|
    |---------------+--------------------------+-----------------------|
    |916596 (https:/|                          |                       |
    |/              |iptables                  |iptables.postinst falla|
    |bugs.debian.org|                          |ao crear ligazóns      |
    |/916596)       |                          |                       |
    |---------------+--------------------------+-----------------------|
    |919058 (https:/|                          |                       |
    |/              |itstool                   |its-tools: quebra ao   |
    |bugs.debian.org|                          |liberar xmlDocs        |
    |/919058)       |                          |                       |
    |---------------+--------------------------+-----------------------|
    |1028416 (https:|                          |systemctl kexec non    |
    |//             |                          |apaga o sistema        |
    |bugs.debian.org|kexec-tools               |correctamente e        |
    |/1028416)      |                          |corrompe os sistemas de|
    |               |                          |ficheiros montados     |
    |---------------+--------------------------+-----------------------|
    |935182 (https:/|                          |Abrir o mesmo ficheiro |
    |/              |libreoffice-core          |de forma simultánea fai|
    |bugs.debian.org|                          |que se elimine o       |
    |/935182)       |                          |ficheiro               |
    |---------------+--------------------------+-----------------------|
    |994510 (https:/|                          |libunwind8 abusa de    |
    |/              |libunwind8                |setcontext() e causa   |
    |bugs.debian.org|                          |SIGSEGV en i386 con    |
    |/994510)       |                          |glibc >= 2.32          |
    |---------------+--------------------------+-----------------------|
    |1036755 (https:|                          |6.1.26 <= x < 6.1.30   |
    |//             |                          |rompe as aplicacións   |
    |bugs.debian.org|src:linux                 |que usen mmap          |
    |/1036755)      |                          |(MAP_32BIT) [afecta a  |
    |               |                          |ganeti]                |
    |---------------+--------------------------+-----------------------|
    |1036580 (https:|                          |engadan algúns Rompe   |
    |//             |src:llvm-defaults         |para unha mellor       |
    |bugs.debian.org|                          |actualización dende    |
    |/1036580)      |                          |bullseye               |
    |---------------+--------------------------+-----------------------|
    |1036359 (https:|                          |quebra con             |
    |//             |elpa-markdown-toc         |(wrong-type-argument   |
    |bugs.debian.org|                          |consp nil)             |
    |/1036359)      |                          |                       |
    |---------------+--------------------------+-----------------------|
    |1032647 (https:|                          |Pantalla negra         |
    |//             |nvidia-driver             |intermitente tras      |
    |bugs.debian.org|                          |actualizar a           |
    |/1032647)      |                          |525.89.02-1            |
    |---------------+--------------------------+-----------------------|
    |1029342 (https:|                          |jexec: non se puido    |
    |//             |openjdk-17-jre-headless   |atopar java: Non existe|
    |bugs.debian.org|                          |ese ficheiro ou        |
    |/1029342)      |                          |directorio             |
    |---------------+--------------------------+-----------------------|
    |1035798 (https:|                          |non inclúe a ligazón / |
    |//             |libphp8.2-embed           |usr/lib/libphp.so ->   |
    |bugs.debian.org|                          |libphp8.2.so           |
    |/1035798)      |                          |                       |
    |---------------+--------------------------+-----------------------|
    |1034993 (https:|                          |falta un               |
    |//             |                          |Rompe+Substitúe para   |
    |bugs.debian.org|software-properties-qt    |software-properties-kde|
    |/1034993)      |                          |ao actualizar dende    |
    |               |                          |bullseye               |
    |---------------+--------------------------+-----------------------|
    |1036388 (https:|                          |a conta reiniciase     |
    |//             |sylpheed                  |cando se comproba o    |
    |bugs.debian.org|                          |correo                 |
    |/1036388)      |                          |                       |
    |---------------+--------------------------+-----------------------|
    |1036424 (https:|                          |responder a un correo  |
    |//             |sylpheed                  |que enviaras non       |
    |bugs.debian.org|                          |establece a conta      |
    |/1036424)      |                          |axeitada               |
    |---------------+--------------------------+-----------------------|
    |994274 (https:/|                          |                       |
    |/              |src:syslinux              |Non compila con gnu-efi|
    |bugs.debian.org|                          |3.0.13                 |
    |/994274)       |                          |                       |
    |---------------+--------------------------+-----------------------|
    |1031152 (https:|                          |o botón de desbloquear |
    |//             |                          |en                     |
    |bugs.debian.org|system-config-printer     |system-config-printer  |
    |/1031152)      |                          |non amosa un cadro para|
    |               |                          |elevar os permisos     |
    |---------------+--------------------------+-----------------------|
    |975490 (https:/|                          |A64-Olinuxino-eMMC     |
    |/              |u-boot-sunxi              |queda atascado durante |
    |bugs.debian.org|                          |o arranque en          |
    |/975490)       |                          |«Iniciando núcleo...»  |
    |---------------+--------------------------+-----------------------|
    |1034995 (https:|                          |falta un               |
    |//             |                          |Rompe+Substitúe para   |
    |bugs.debian.org|python-is-python3         |python-dev-is-python2  |
    |/1034995)      |                          |ao actualizar dende    |
    |               |                          |bullseye               |
    |---------------+--------------------------+-----------------------|
    |1036881 (https:|                          |                       |
    |//             |whitedune                 |quebra                 |
    |bugs.debian.org|                          |                       |
    |/1036881)      |                          |                       |
    |---------------+--------------------------+-----------------------|
    |1036601 (https:|                          |                       |
    |//             |xenstore-utils            |falta unha dependencia |
    |bugs.debian.org|                          |en xen-utils-common    |
    |/1036601)      |                          |                       |
    |---------------+--------------------------+-----------------------|
    |1036578 (https:|                          |                       |
    |//             |python3-yade              |non inclúe un módulo de|
    |bugs.debian.org|                          |python                 |
    |/1036578)      |                          |                       |
    +------------------------------------------------------------------+

Capítulo 6. Máis información en Debian

6.1. Lecturas recomendadas

    Ademais destas notas de versión e da guía de instalación (https:/
    /www.debian.org/releases/bookworm/installmanual) , ten máis
    documentación sobre Debian dispoñible no Proxecto de
    Documentación Debian (DDP en inglés), cuxos obxectivos son a
    creación de documentación de alta calidade para os usuarios e
    desenvolvedores de Debian, como por exemplo a Referencia de
    Debian, a Guía para Novos Mantedores de Debian, as Preguntas
    Frecuentes en Debian, e moitas máis. Para máis detalles sobre os
    recursos existentes consulte a páxina web da Documentación de
    Debian (https://www.debian.org/doc/) e a Wiki Debian (https://
    wiki.debian.org/) .

    A documentación para os paquetes individuais instálase en /usr/
    share/doc/nome-paquete. Esto pode incluír información de dereitos
    de autor, detalles específicos de Debian, e calquera
    documentación orixinal.

6.2. Obter axuda

    Hai moitas fontes de axuda, consellos e asistencia técnica para
    os usuarios de Debian, inda que estas só se deberían consultar
    despois de investigar o problema na documentación dispoñible.
    Esta sección contén unha corta introdución a estas fontes que
    poden ser de axuda para os novos usuarios de Debian.

6.2.1. Listas de correo

    As listas de correo máis importantes para os usuarios de Debian
    son as listas debian-user (en inglés) e as outras debian-user-
    idioma (para os outros idiomas). Para máis información sobre
    estas listas e detalles de como subscribirse consulte https://
    lists.debian.org/ (https://lists.debian.org/) . Por favor rebusca
    nos arquivos para ver se xa existen respostas á túa pregunta e
    segue as normas de conduta da lista.

6.2.2. Internet Relay Chat (IRC)

    Debian ten unha canle IRC dedicada a dar soporte técnico e axudar
    aos usuarios de Debian, situada na rede IRC OFTC. Para acceder a
    esa canle conéctese co seu cliente IRC a irc.debian.org e únase a
    #debian.

    Por favor siga as normas da canle, e respecte aos outros
    usuarios. Pode consultar as normas na Wiki Debian (https://
    wiki.debian.org/DebianIRC) .

    Para máis información sobre OFTC visite a súa páxina (http://
    www.oftc.net/) .

6.3. Informar de erros

    Intentamos facer de Debian un sistema operativo de boa calidade;
    pero iso non significa que todos os paquetes que distribuímos
    están totalmente libres de fallos. En conxunción coa filosofía de
    « desenvolvemento aberto » de Debian, e coma un servizo para os
    nosos usuarios, compartimos toda a información sobre os fallos
    atopados no Sistema de Seguimento de Fallos (BTS en inglés). O
    SSF pódese consultar en https://bugs.debian.org/ (https://
    bugs.debian.org/) .

    Se vostede atopa un fallo na distribución, ou nos programas que a
    forman, informe sobre el para que poida ser arranxado en futuras
    versións. Informar de fallos require unha dirección de correo-e
    válida. Pedímosllo para que poidamos seguir os fallos e os
    desenvolvedores se poidan poñer en contacto cos autores do
    informe para lles requirir información adicional.

    Vostede pode informar dun fallo usando o programa reportbug ou
    manualmente dende o correo-e. Pódese atopar máis información
    sobre o Sistema de Seguimento de Fallos e sobre como usalo lendo
    a documentación de referencia (dispoñible en /usr/share/doc/
    debian se tes instalado paquete doc-debian) ou na rede no Sistema
    de Seguimento de Fallos (https://bugs.debian.org/) .

6.4. Colaborar con Debian

    Non necesitas ser un experto para colaborar con Debian. Mesmo
    axudando aos usuarios cos seus problemas nas diferentes listas
    (https://lists.debian.org/) vostede está contribuíndo á
    comunidade. Tamén axuda moito identificar (e resolver) problemas
    relacionados co desenvolvemento da distribución participando na
    lista (https://lists.debian.org/) de desenvolvemento. Para manter
    a calidade da distribución Debian, informe dos fallos (https://
    bugs.debian.org/) e axude aos desenvolvedores a arranxalos. A
    ferramenta how-can-i-help axudarallee a atopar informes de fallos
    adecuados nos que traballar. Se se llee da ben escribir podes
    contribuír de forma máis activa axudando a escribir documentación
    (https://www.debian.org/doc/vcs) ou traducindo (https://
    www.debian.org/international/) documentos existentes á súa
    lingua.

    Se lle chega o tempo poderías xestionar un anaco da colección de
    Programas Libres dentro de Debian. Axudaríanos moito se a xente
    adopta ou mantén elementos que a xente quere que se inclúan con
    Debian. A base de datos Fáltanlles Traballo e a base de datos
    Paquetes Prospectivos (https://www.debian.org/devel/wnpp/)
    conteñen esta información. Se lle interesan grupos específicos
    entón pode que lle guste contribuír a algún dos subproxectos
    (https://www.debian.org/devel/#projects) de Debian, que inclúen
    implementacións a outras arquitecturas e Mesturas Debian Puras
    (https://wiki.debian.org/DebianPureBlends) para grupos de
    usuarios específicos, entre outros.

    Sexa como for, se vostede está traballando na comunidade do
    software libre de calquera forma, xa for coma usuario,
    programador, escritor ou tradutor; xa estas axudando a espallar o
    software libre. Colaborar é divertido e ten beneficios: ademais
    de axudarlle a coñecer xente nova poralle bolboretas no bandullo.

Apêndice A. Xestionar o seu sistema bullseye antes de actualizar

    Este apéndice contén información sobre como asegurarse de que se
    poden instalar ou actualizar paquetes bullseye antes de
    actualizar a bookworm.

A.1. Actualizando o seu sistema bullseye

    Isto non é distinto de calquera outra actualización de bullseye
    que xa fixera. A única diferenza é que primeiro precisa
    asegurarse de que a súa lista de paquetes inda contén referencias
    a bullseye, tal coma se explica en Sección A.2, « Comproba os
    seus ficheiros de fontes APT ».

    Se actualiza o seu sistema usando un servidor espello, el mesmo
    xa se actualizará automaticamente á última versión maior
    bullseye.

A.2. Comproba os seus ficheiros de fontes APT

    Se calquera das liñas nos seus ficheiros de fontes APT (véxase
    sources.list(5) (https://manpages.debian.org//bookworm/apt/
    sources.list.5.html) ) contén referencias a « stable », é que xa
    apunta a bookworm. Isto pode non ser o que vostede quere, se non
    estás listo para a actualización. Se xa executou apt update inda
    pode volver sen problemas seguindo os pasos seguintes.

    Se tamén instalou paquetes dende bookworm xa non ten sentido que
    instale paquetes dende bullseye. Nese caso ten que decidir
    vostede se queres continuar ou non. É posible volver a unha
    versión anterior dos paquetes, pero iso non se trata neste
    documento.

    Como superusuario, abra o ficheiro de fontes de APT necesario
    (por exemplo /etc/apt/sources.list) co seu editor de texto
    favorito e comprobe se todas as liñas que comecen con deb http:,
    deb https:, deb tor+http:, deb tor+https:, URIs: http:, URIs:
    https:, URIs: tor+http: ou URIs: tor+https: fan referencia a « 
    stable ». Se atopa algunha cambie stable por bullseye.

    Se ten algunha liña que comece por deb file: ou URIs: file:
    deberá comprobar vostede se a localización á que se refiren
    contén un arquivo bullseye ou bookworm.

    Importante

    Non cambie ningunha liña que comece por deb cdrom: ou URIs:
    cdrom:. Facer iso invalidaría a liña e tería que executar de novo
    apt-cdrom. Non se asuste se unha liña cdrom: fai referencia a « 
    unstable ». Inda que pode parecerlle estraño, isto é normal.

    Se fixo algún cambio, garde o ficheiro e execute

    # apt update

    para actualizar a lista de paquetes.

A.3. Performing the upgrade to latest bullseye release

    To upgrade all packages to the state of the latest point release
    for bullseye, do

    # apt full-upgrade

A.4. Eliminar ficheiros de configuración obsoletos

    Antes de actualizar o seu sistema a bookworm, recomendamoslle
    borrar os ficheiros de configuración vellos (por exemplo os
    ficheiros *.dpkg-{new,old} en /etc) do sistema.

Apêndice B. Contribuíntes das Notas da Versión

    Moita xente axudou coas notas da versión, incluíndo entre eles

    Adam D. Barratt, Adam Di Carlo, Andreas Barth, Andrei Popescu, 
    Anne Bezemer, Bob Hilliard, Charles Plessy, Christian Perrier, 
    Christoph Berg, Daniel Baumann, David Prévot, Eddy Petrișor, 
    Emmanuel Kasper, Esko Arajärvi, Frans Pop, Giovanni Rapagnani, 
    Gordon Farquharson, Hideki Yamane, Holger Wansing, Javier 
    Fernández-Sanguino Peña, Jens Seidel, Jonas Meurer, Jonathan 
    Nieder, Joost van Baal-Ilić, Josip Rodin, Julien Cristau, Justin
    B Rye, LaMont Jones, Luk Claes, Martin Michlmayr, Michael Biebl, 
    Moritz Mühlenhoff, Niels Thykier, Noah Meyerhans, Noritada 
    Kobayashi, Osamu Aoki, Paul Gevers, Peter Green, Rob Bradford, 
    Samuel Thibault, Simon Bienlein, Simon Paillard, Stefan Fritsch, 
    Steve Langasek, Steve McIntyre, Tobias Scherer, victory, Vincent 
    McIntyre, e W. Martin Borgert.

    Este documento foi traducido a moitos idiomas. Estámoslle moi
    agradecidos aos tradutores!

    Traducido ao galego por: Pablo «parodper»

Índice

A

Apache, Ambientes de escritorios e paquetes famosos

B

Bash, Ambientes de escritorios e paquetes famosos
BIND, Ambientes de escritorios e paquetes famosos

C

Cryptsetup, Ambientes de escritorios e paquetes famosos

D

DocBook XML, Fontes deste documento

E

Exim, Ambientes de escritorios e paquetes famosos

G

GCC, Ambientes de escritorios e paquetes famosos
GIMP, Ambientes de escritorios e paquetes famosos
GNOME, Ambientes de escritorios e paquetes famosos
GNUcash, Ambientes de escritorios e paquetes famosos
GnuPG, Ambientes de escritorios e paquetes famosos

I

Inkscape, Ambientes de escritorios e paquetes famosos

K

KDE, Ambientes de escritorios e paquetes famosos

L

LibreOffice, Ambientes de escritorios e paquetes famosos
LXDE, Ambientes de escritorios e paquetes famosos
LXQt, Ambientes de escritorios e paquetes famosos

M

MariaDB, Ambientes de escritorios e paquetes famosos
MATE, Ambientes de escritorios e paquetes famosos

N

Nginx, Ambientes de escritorios e paquetes famosos

O

OpenJDK, Ambientes de escritorios e paquetes famosos
OpenSSH, Ambientes de escritorios e paquetes famosos
OpenSSL, Ambientes de escritorios e paquetes famosos

P

packages

    adduser, Moitas modificacións a adduser en bookworm
    akonadi-backend-mysql, Fallos graves coñecidos
    apt, Colaborando con informes de actualización, Engadir fontes
        APT dun servidor espello local
    apt-listchanges, Actualización mínima do sistema
    aptitude, Preparar a base de datos de paquetes, Asegúrese de que
        ten espazo dabondo para actualizar
    astap, Novas da Mestura Debian Astro
    chrony, Cambios aos paquetes que modifican o reloxo do sistema
    cups, rsyslog creará menos ficheiros de rexistros
    dblatex, Fontes deste documento
    debian-goodies, Asegúrese de que ten espazo dabondo para
        actualizar
    debian-kernel-handbook, Instalar un núcleo coma metapaquete
    debian-security-support, Limitacións na asistencia técnica sobre
        seguridade
    dmraid, Compoñentes deprecados para bookworm
    doc-debian, Informar de erros
    docbook-xsl, Fontes deste documento
    dpkg, Colaborando con informes de actualización
    elpa-markdown-toc, Fallos graves coñecidos
    faketime, Fallos graves coñecidos
    fcitx, Non se poderán instalar varias versións de fcitx en
        paralelo
    fcitx5, Non se poderán instalar varias versións de fcitx en
        paralelo
    fdflush, Paquetes obsoletos importantes
    g++-12, Fallos graves coñecidos
    ganeti, Fallos graves coñecidos
    git-daemon-run, Fallos graves coñecidos
    gpgv1, Asegúrese de que ten gpgv instalado
    groonga-bin, Fallos graves coñecidos
    grub, GRUB xa non executa os-prober automáticamente
    grub-efi-amd64, Fallos graves coñecidos
    grub-emu, Fallos graves coñecidos
    grub-pc, Fallos graves coñecidos
    grub2-common, Fallos graves coñecidos
    how-can-i-help, Colaborar con Debian
    ifupdown, Compoñentes deprecados para bookworm
    initramfs-tools, Consola de depuración durante o arranque usando
        initrd, Actualizar o núcleo e paquetes relacionados
    iptables, Fallos graves coñecidos
    isc-dhcp, Compoñentes deprecados para bookworm
    isc-dhcp-client, Compoñentes deprecados para bookworm
    itstool, Fallos graves coñecidos
    Kea, Compoñentes deprecados para bookworm
    kexec-tools, Fallos graves coñecidos
    libcrypt1, As actualizacións non permitidas dende buster fallan
        en libcrypt1
    libgdal-perl, Paquetes obsoletos importantes
    libnss-gw-name, Compoñentes deprecados para bookworm
    libnss-ldap, Paquetes obsoletos importantes
    libnss-ldapd, Paquetes obsoletos importantes
    libnss-myhostname, Compoñentes deprecados para bookworm
    libnss-sss, Paquetes obsoletos importantes
    libpam-ldap, Paquetes obsoletos importantes
    libpam-ldapd, Paquetes obsoletos importantes
    libphp8.2-embed, Fallos graves coñecidos
    libreoffice-core, Fallos graves coñecidos
    libunwind8, Fallos graves coñecidos
    linux-image-*, Actualizar o núcleo e paquetes relacionados
    linux-image-amd64, Instalar un núcleo coma metapaquete
    linux-source, Instalar un núcleo coma metapaquete
    localepurge, Asegúrese de que ten espazo dabondo para actualizar
    logcheck, Cambios en rsyslog que afectan a analistas de
        rexistros, por exemplo a logcheck
    logcheck-database, Cambios en rsyslog que afectan a analistas de
        rexistros, por exemplo a logcheck
    manpages-cód. idioma, Traducíronse máis páxinas do manual
    mariadb-client, Os nomes dos paquetes de MariaDB xa non inclúen
        os números da versión
    mariadb-client-10.5, Os nomes dos paquetes de MariaDB xa non
        inclúen os números da versión
    mariadb-server, Os nomes dos paquetes de MariaDB xa non inclúen
        os números da versión
    mariadb-server-10.5, Os nomes dos paquetes de MariaDB xa non
        inclúen os números da versión
    mate-desktop-environment, GNOME reduciu a accesibilidade de
        lectores de pantalla
    monit, Parar de supervisar sistemas
    netcat-openbsd, netcat-openbsd é compatible con socket abstractos
    netcat-traditional, netcat-openbsd é compatible con socket
        abstractos
    NetworkManager, Compoñentes deprecados para bookworm
    ntp, Cambios aos paquetes que modifican o reloxo do sistema
    ntpsec, Cambios aos paquetes que modifican o reloxo do sistema
    nvidia-driver, Fallos graves coñecidos
    openjdk-17-jre-headless, Fallos graves coñecidos
    openntpd, Cambios aos paquetes que modifican o reloxo do sistema
    openvlbi, Novas da Mestura Debian Astro
    orca, GNOME reduciu a accesibilidade de lectores de pantalla
    pipx, Intérpretes de Python marcados coma xestionados
        externamente
    planetary-system-stacker, Novas da Mestura Debian Astro
    polkitd-pkla, Cambios na configuración de polkit
    popularity-contest, Asegúrese de que ten espazo dabondo para
        actualizar
    puppet, Sistema de xestión de configuración «Puppet» actualizado
        á versión 7
    puppet-agent, Sistema de xestión de configuración «Puppet»
        actualizado á versión 7
    puppet-master, Sistema de xestión de configuración «Puppet»
        actualizado á versión 7
    puppetdb, Sistema de xestión de configuración «Puppet»
        actualizado á versión 7
    puppetserver, Sistema de xestión de configuración «Puppet»
        actualizado á versión 7
    pypy3, Intérpretes de Python marcados coma xestionados
        externamente
    python-is-python3, Fallos graves coñecidos
    python3-extinction, Novas da Mestura Debian Astro
    python3-pip, Intérpretes de Python marcados coma xestionados
        externamente
    python3-sncosmo, Novas da Mestura Debian Astro
    python3-specreduce, Novas da Mestura Debian Astro
    python3-sunpy, Novas da Mestura Debian Astro
    python3-synphot, Novas da Mestura Debian Astro
    python3-venv, Intérpretes de Python marcados coma xestionados
        externamente
    python3-yade, Fallos graves coñecidos
    python3-yt, Novas da Mestura Debian Astro
    python3.11, Intérpretes de Python marcados coma xestionados
        externamente
    release-notes, Avise de erros neste documentos
    request-tracker4, Compoñentes deprecados para bookworm
    request-tracker5, Compoñentes deprecados para bookworm
    rsyslog, Cambios no sistema de rexistros, Cambios en rsyslog que
        afectan a analistas de rexistros, por exemplo a logcheck, 
        rsyslog creará menos ficheiros de rexistros
    shiny-server, Novas da Mestura Debian Med
    software-properties-qt, Fallos graves coñecidos
    src:fuse3, Fallos graves coñecidos
    src:gluegen2, Fallos graves coñecidos
    src:golang-github-pin-tftp, Fallos graves coñecidos
    src:grub2, Fallos graves coñecidos
    src:guestfs-tools, Fallos graves coñecidos
    src:linux, Fallos graves coñecidos
    src:llvm-defaults, Fallos graves coñecidos
    src:syslinux, Fallos graves coñecidos
    sylpheed, Fallos graves coñecidos
    synaptic, Preparar a base de datos de paquetes
    system-config-printer, Fallos graves coñecidos
    systemd, Traducíronse máis páxinas do manual, Nomeamento
        previsible das interfaces de rede de Xen
    systemd-boot, systemd-boot foi separado a un novo paquete
    systemd-networkd, Compoñentes deprecados para bookworm
    systemd-resolved, systemd-resolved foi separado a un novo paquete
    systemd-timesyncd, Cambios aos paquetes que modifican o reloxo do
        sistema
    tinc, Preparar un ambiente seguro para a actualización
    topcat, Novas da Mestura Debian Astro
    u-boot-sunxi, Fallos graves coñecidos
    udev, Actualizar o núcleo e paquetes relacionados
    udhcpc, Compoñentes deprecados para bookworm
    upgrade-reports, Colaborando con informes de actualización
    util-linux, Paquetes obsoletos importantes
    virtualenv, Intérpretes de Python marcados coma xestionados
        externamente
    whitedune, Fallos graves coñecidos
    xenstore-utils, Fallos graves coñecidos
    xmlroff, Fontes deste documento
    xsltproc, Fontes deste documento
    youtube-dl, yt-dlp substitúe a youtube-dl
    yt-dlp, yt-dlp substitúe a youtube-dl

Perl, Ambientes de escritorios e paquetes famosos
PHP, Ambientes de escritorios e paquetes famosos
Postfix, Ambientes de escritorios e paquetes famosos
PostgreSQL, Ambientes de escritorios e paquetes famosos

S

Systemd, Ambientes de escritorios e paquetes famosos

X

Xfce, Ambientes de escritorios e paquetes famosos

Glosario

ACPI

    Interface de Configuración e Enerxía Avanzada

ALSA

    Arquitectura de Son de Linux Avanzada

BD

    Disco Blu-ray

CD

    Disco Compacto

CD-ROM

    Disco Compacto de Memoria de Só Lectura

DHCP

    Protocolo de Configuración Dinámica do Anfitrión

DLBD

    Disco Blu-ray de Dúas Capas

DNS

    Sistema de Nomes de Dominio

DVD

    Disco Dixital Versátil

GIMP

    Programa GNU para a Manipulación de Imaxes

GNU

    GNU Non é Unix

GPG

    Gardián da Privacidade GNU

LDAP

    Protocolo Lixeiro de Acceso a Cartafoles

LSB

    Base Normalizada de Linux

LVM

    Xestor de Volumes Lóxicos

MTA

    Axente de Transporte de Correo (Servidor de Correo)

NBD

    Dispositivo de Bloques na Rede

NFS

    Sistema de Ficheiros na Rede

NIC

    Tarxeta de Interface de Rede

NIS

    Servizo de Información da Rede

PHP

    PHP: Preprocesador de Hipertexto

RAID

    Conxunto Redundante de Discos Independentes

SATA

    Tecnoloxía Avanzada de Conectores en Serie

SSL

    Capa de Conectores Segura

TLS

    Seguridade da Capa de Transporte

UEFI

    Interface Unificade e Extensible de Microcódigo

USB

    Bus en Serie Universal

UUID

    Identificador Único Universal

WPA

    Acceso a Wi-Fi Protexido

