Nota: O documento orixinal é máis recente que esta tradución.
Debian 6.0 -- Fe de erratas
Problemas de seguridade
O equipo de seguridade de Debian realiza actualizacións dos paquetes na
versión estábel nos que identificou problemas relacionados coa seguridade.
Consulte as
páxinas de seguridade para obter máis información
sobre calquera problema deste tipo atopado en squeeze
.
Se usa APT, engada a seguinte liña ao ficheiro /etc/apt/sources.list para acceder ás últimas actualizacións de seguridade:
deb http://security.debian.org/ squeeze/updates main contrib non-free
Despois execute apt-get update seguido de apt-get upgrade.
Versións menores
Ás veces, en caso de haber varios problemas críticos ou actualizacións de seguridade, actualízase a distribución publicada. En xeral, referímonos a estas actualizacións como versións menores.
- A primeira versión menor, 6.0.1, publicouse o 19 de marzo de 2011.
- A segunda versión menos, 6.0.2, publicouse o 25 de xuño de 2011.
- A terceira versión menor, 6.0.3, publicouse o 8 de outubro de 2011.
- A cuarta versión menor, 6.0.4, publicouse o 28 de xaneiro de 2012.
- A quinta versión menor, 6.0.5, publicouse o 12 de maio de 2012.
- A sexta versión menor, 6.0.6, publicouse o 29 de setembro de 2012.
- A sétima versión menor, 6.0.7, publicouse o 23 de febreiro de 2013.
- A oitava versión menor, 6.0.8, publicouse o 20 de outubro de 2013.
- A novena versión menor, 6.0.9, publicouse o 15 de febreiro de 2014.
Consulte o rexistro de cambios para obter detalles sobre as modificacións entre as versións 6.0.0 e 6.0.10.
As correccións sobre a distribución estábel publicada pasan a miúdo por un período de probas extenso antes de ser aceptadas no arquivo. Non obstante, estas correccións están dispoñíbeis no cartafol dists/squeeze-proposed-updates de calquera réplica do arquivo de Debian.
Se usa APT para actualizar os paquetes, pode instalar as actualizacións propostas engadindo a seguinte liña ao ficheiro /etc/apt/sources.list:
# propostas para unha versión menor da 6.0 deb http://ftp.us.debian.org/debian squeeze-proposed-updates main contrib non-free
Despois execute apt-get update seguido de apt-get upgrade.
Sistema de instalación
Para obter información sobre erratas e actualizacións do sistema de instalación consulte a páxina de información sobre a instalación.