Aviso! Esta tradución está moi desfasada, consulte o orixinal.
Información sobre a publicación de Debian «wheezy»
Debian 7.11 publicouse o 04 de Xuño de 2016. Debian 7.0 publicouse inicialmente o 04 de Maio de 2013. Esta versión incluíu grandes cambios, descritos na nosa nota de prensa e nas notas da versión.
Para obter e instalar Debian, consulte a páxina de información sobre a instalación e a guía de instalación. Para actualizar dunha versión anterior de Debian, lea as instrucións nas notas da versión.
Esta versión permite usar as seguintes arquitecturas de computadores:
- PC de 64 bits (amd64)
- PC de 32 bits (i386)
- EABI ARM (armel)
- PowerPC
- Hard Float ABI ARM (armhf)
- SPARC
- kFreeBSD para PC de 64 bits (amd64)
- Intel Itanium IA-64
- MIPS (little endian)
- kFreeBSD para PC de 32 bits (i386)
- IBM S/390
- MIPS (big endian)
- IBM System z
Contrario aos nosos desexos, pode que haxa algúns problemas nesta versión, a pesar de que se declare estable. Fixemos unha lista dos problemas coñecidos máis importantes, e vostede sempre pode informarnos doutros problemas.
Por último, pero non por iso menos importante, temos unha lista das persoas ás que darlle o crédito por facer que esta versión exista.