[Date Prev][Date Next] [Thread Prev][Thread Next] [Date Index] [Thread Index]

Re: cousas e cousas e cousas....



Podes aclararnos a todos de qué vai iste crossposting? É ben coñecido
que Galinux naceu no Hacklab da Casa Encantada fai xa uns aniños a raíz,
entre outras cousas, dunha posta en común sobre o arquilexema do galego, e
todo iso está documentado no seu wiki dende fai uns aniños, por exemplo
isto:

http://hacklab.causaencantada.org/wiki/ArquiLexema

O proxecto decaeu e retomeino eu; ofrencillo aos guls cando se reuniron
coa Consellaría de Innovación e Industria pra falar dunha distro pero
creo que a algunha peña lle sentou mal a miña foto con Maddog; despois 
foron incapaces de consensuar unha proposta e así chegamos ao día de hoxe
no que a Xunta non ten distro de seu. Despois a culpa será dos políticos,
claro. Bendita inocencia patriarcal...

Pois o dito. Cando vin o tema das Pontes, flipei, pero alegreime. Así
que me puxen en contacto con Teo, pregunteille de qué ía a movida, e
ofrecinlle xuntar esforzos, ou combinalos. Ponto. Sí supoño que é un pouco
redundante que decidiran empregar un nome xa rexistrado para unha distro
cuxa función cumpren perfectamente outras como edubuntu ou edulinex... pero
qué queres que che diga Marce, por min xenial que Teo e demais profes se
puxeran mans á obra, por que a fin de contas, mira tí tanta redundancia como
denuncias, e o caso é que non tiñamos distro educativa en galego... ou
sí? E esas críticas túas á redundancia, lémbranme moito a determinados
preconceitos do stalinismo; qué será o seguinte, vas criticar os
sistemas RAID por que proveen redundancia? 

Resulta evidente que por parte de Teo foi un erro non mirar en google ou
alomenos pedirlle permiso á xente de Linux International, por que se tería
atopado con que xa existía un proxecto con ise nome. Estou seguro de que
telo sabido, tería perguntado e dende logo pola miña parte non ía haber
problema, nin tampouco o hai agora. Pero o caso é que as cousas foron así,
non creo que teña sentido poñerse a pelexar e sobre todo cando se trata
dalgo que só ten sentido cando significa xuntar esforzos.

Polo demais, Marce, xa vemos todos moi clariño que as miñas iniciativas
non che gustan un carallo, e que non perdes oportunidade para cargar en
canto podes. Como nisto do traballo colaborativo xa levo dadas unhas
voltas, teño aprendido que hai dúas opcións: dicirlle ao meu procmail que
deposite grácilmente os teus correos en /dev/null, ou convidarte en
público a que cando queiras quedamos, aclaramos o que haxa que aclarar, e
nos deixamos de perder o tempo con vaguedades e mexadas fora do testo.

E por non dar máis a vara: o meu teléfono é o 638 035 310; cando queiras,
pegas un toque, falamos e quedamos, e se cadra atopas que compartimos máis 
do que disentimos, e igual resulta que até podemos xuntar esforzos e
traballar xuntos... por que diso se trata, non sí?

Pois iso. A ver se nos deixamos de confundir movidas dunha vez. Saúdos,

mvillarino escrebeu:
> O Martes, 10 de Abril de 2007 19:19, vostede escribiu:
> >e coido que esa
> > xuntanza non era para min. Non é a mesma cousa, pero na semana santa
> > estiven nas Pontes e aproveitoume moito porque fixeron unha party moi
> > "caseira", pero sempre atopas xente experta en algún tema e aprendes moito.
> 
> Jaja, para agora coido que a guademy tampouco era para min, pero sempre se 
> coñeces xente. (Caguina, se  As Pontes caeme perto, de avisares acercaríame, 
> poñen un café moi rico nun lugar que hai a uns quilómetros, no Chao)
> >
> > Polo que sei, andas a traballar con Suso Baleato e outros na localización
> > de Debian (teño falado con él porque rexistrou galinux.net e galinux.info
> > para o seu proxecto Debian e temos que arranxar o enredo das
> > denominacións). Non o sabía, pero fozando polas listas coido que ti, Tarrío
> > e outros "de sempre" andades no tema.
> A única persoa activa na tradución de Debian é JTarrio, até onde eu cheguei a 
> saber.
> Respeito a iso da web para a tradución de Debian, só teño unha cousa que 
> dicir: o importante é a mao de obra, se non se logra xuntar xente, non se 
> chega a ren.
> Persoalmente iso de criar novos proxectos cada dous por tres, cada un para o 
> seu proxecto de tradución, paréceme ridídulo. Pareceumo cando se criou 
> mancomún, proxecto do que opino que até que non fixo o curso ese entre o 
> profesorado para adestralo no uso da interface web me parecía un tira-perras.
> 
> Que sentido ten? criar unha base terminolóxica común?, unha bd de traducións 
> común? Circunvalar os esforzos da propria Debian por criar a súa propria 
> infraestrutura?
> 
> > Se nalgún momento facedes/traducides 
> > algo de utilidade para o ensino, prégovos que mo digades e tentaremos
> > adaptalo ao noso traballo.
> 
> Como xa dixen, pide por esa boca.
> Na actualidade estou algo esgotado no que se refire á tradución, e no canto 
> adícome a desenvolver kmymoney, pero nada motiva máis que facer un traballo 
> ao que se lle vai dar uso.
> > E iso é todo... os meus parabéns... unha vez máis.
> 
> Grazas a vós. A ver se nos vemos un día.
> 
> -- 
> Best regards
> MV
> ><((((º> ?.·?¯`·... ><((((º> ?.·?¯`·...? ><((((º> ?.·?¯`·...? ><((((º>
> Public key available at www.keyserver.net
> GPG Fingerprint: 8116 899E 61FD D983 AF80 FEDE 1CD8 1C9A 4B81 73AE


--
http://susinho.pagina.de/



Reply to: