[Date Prev][Date Next] [Thread Prev][Thread Next] [Date Index] [Thread Index]

Coordinación



Boas,

quería retomar esto agora que teño algo de tempo no verán. Creo que polo menos 
Bouzada está traducindo debconfs. Estaría ben buscar algunha forma de 
coordinarnos para non pisarnos, e para publicar o traballo para revisión 
pública antes de envialo.

Outros equipos de tradución parece que teñen un bot que le a lista de correo e 
con iso xenera páxinas de «estado das traducións», que incluso vixía os bugs 
cos que se envian as traducións. Igual estaba ben miralo. Igual unha simple 
sección en un wiki nos vale. Que opinades?

Saúdos.


Reply to: