Listas de correo

Introdución

Debian desenvólvese de forma distribuída en todo o mundo. Por iso o correo electrónico é o medio preferido para debater os diversos temas. A maioría das conversas entre desenvolvedores de Debian e usuarios xestiónase a través de varias listas de correo.

Hai moitas listas públicas, o que significa que calquera pode ler o que se envíe e participar nas discusións. Animamos a todo o mundo a axudar no desenvolvemento de Debian e a correr a voz sobre o software libre. Tamén hai unhas poucas listas dispoñíbeis só para os desenvolvedores oficiais de Debian; o que non debe interpretarse como un desenvolvemento pechado, simplemente ás veces non ten moito sentido discutir temas internos cos non desenvolvedores.

Todas as listas de correo orixinais de Debian se executan nun servidor especial, usando un software de procesado automático de correo chamado SmartList. Este servidor chámase lists.debian.org. Todas as mensaxes de envíos, subscrición e baixa teñen que ser enviadas a un enderezo concreto desta máquina.

Uso básico

Cada lista de correo de Debian ten un enderezo de envío da forma nomedalista@lists.debian.org, un enderezo de petición de control coa forma nomedalista-request@lists.debian.org, e unha páxina web en https://lists.debian.org/nomedalista/.

Para enviar un correo a unha lista, simplemente envíeo ao enderezo de envío. Para subscribirse a unha lista e poder ler os correos en canto chegan, ou para darse de baixa da lista, use o enderezo de petición de control (lea máis adiante).

A lista actual das listas de correo dispoñíbeis está en https://lists.debian.org/, e preséntase tanto ordenada por tema como sen ordenar.

Tamén mantemos unhas estatísticas de uso das listas de correo: comprobe a media de envíos antes de subscribirse a unha lista para evitar recibir unha marea de correos.

Descargo de responsabilidades / Política de privacidade / Información legal

As listas de correo son foros públicos.

Todos os correos enviados ás listas se distribúen aos subscritores da lista e cópianse no arquivo público, para que a xente poida navegar ou buscar sen necesidade de subscribirse.

Ademais, pode navegar as nosas listas de correo como grupos de noticias de Usenet. Pode facerse usando unha interface web, como Google ou Gmane.

Pode haber outros lugares onde se distribúan as listas. Asegúrese de non enviar nunca material confidencial ou sen licenza ás listas. Isto inclúe os enderezos de correo electrónico. Avísase especialmente do feito de que se sabe que «spammers», viruses e vermes teñen utilizado enderezos de correo enviados ás nosas listas de correo.

Debian mantén as listas de correo de boa fe e tomará medidas para frear os abusos e manter ininterrompido o servizo normal. Ao mesmo tempo, Debian non se fai responsábel de ningún dos envíos ás listas de correo nin de nada do que poida suceder con relación a eles.

Consulte o noso descargo de responsabilidade para obter máis información.

Subscrición / Baixa

Calquera pode subscribirse/darse de baixa por si mesmo de calquera lista de correo, supoñendo que a política de subscrición desa lista sexa aberta.

Pode usar simples formularios web para subscribirse ou darse de baixa dunha lista concreta, dispoñíbeis nas respectivas páxinas web en https://lists.debian.org/.

Para subscribirse ou darse de baixa de varias listas de correo á vez, use os formularios web de subscricións ou baixas, respectivamente. A páxina anterior tamén inclúe descricións e a política de subscrición de cada lista.

A petición de subscrición ou baixa tamén pode ser enviada por correo a un enderezo especial de control, que é lixeiramente diferente do enderezo da lista. As mensaxes de subscrición ou baixa NON deben enviarse ao enderezo da propia lista.

Para subscribirse ou darse de baixa dunha lista de correo, envíe un correo a

<nomedalista>-REQUEST@lists.debian.org

coa palabra subscribe ou unsubscribe no asunto.

Recorde o «-REQUEST» no enderezo.

Como parte do proceso de subscrición, o software da lista enviaralle un correo ao que debe responder para finalizar a subscrición. Esta é unha medida de seguridade para evitar que a xente poida subscribir a outros ás listas sen o seu permiso.

Fallos comúns no proceso de subscrición / baixa

Recorde que unha petición de baixa debe ser enviada desde o enderezo que está subscrito. De non ser posíbel, o asunto da mensaxe debe ser: unsubscribe enderezosuscrito@dominio.suscrito, ou pode usar o formulario web de baixa.

Se recibe correo dunha lista de correo pero non pode atopar o enderezo co cal está subscrito, pode mirar as cabeceiras completas das mensaxes recibidas, que conterán algo como isto:

  From bounce-debian-foo=quux=example.com@lists.debian.org  Tue Apr 22 01:38:14 2003

Isto dille con certeza que a lista en cuestión se chama debian-foo e que o enderezo subscrito é quux@example.com. Neste caso ficticio enviaría un correo a debian-foo-request@lists.debian.org con unsubscribe quux@example.com no campo «Asunto».

Desafortunadamente é imposible agora mesmo subscribirse cun nome de usuario que encaixe ca comprobación de «procmail» de correo que vén dun servizo. Isto significa que un nome de usuario non pode ter as cadeas mail, admin, root, master ou similares nel (consulte procmailrc(5) para FROM_DAEMON).

Outra limitación coñecida do software das nosas listas de correo é que a maioría dos correos electrónicos rexeitados fano silenciosamente, polo que o usuario non ten ningunha indicación sobre o que puido ir mal. Por exemplo, é moi común que a xente trate de subscribirse cun enderezo que xa está subscrito: SmartList simplemente ignorará ese correo.

Se non está seguro de se está subscrito a unha das nosas listas de correo, envíe un correo a majordomo@lists.debian.org con which o.teu.enderezo@de.correo no corpo da mensaxe. Hai máis información sobre este servizo (chamado MajorSmart) dispoñíbel enviando outro correo ó mesmo enderezo con help no corpo da mensaxe.

Código de conduta

Cando use as listas de correo de Debian prégaselle que siga estas regras:

Mantemento das listas

Se quere pedir unha nova lista de correos, lea o HOWTO.

Se ten problemas para subscribirse ou darse de baixa, asegúrese de ter seguido o procedemento correcto antes de tratar de contactar connosco. Asegúrese de que leu os problemas relacionados coa subscrición/baixa.

Para contactar co mantedor das listas, envíe un correo en inglés a listmaster@lists.debian.org.
Tamén pode encher un informe de erro no pseudo-paquete lists.debian.org.

Se non puido darse de baixa dunha lista de correo, inclúa unha copia de todas as cabeceiras dunha mensaxe de exemplo que recibira de esa lista no seu correo.

Política de publicidade nas listas de correo de Debian / Loita contra o correo lixo

O envío de calquera tipo de correo masivo non solicitado (tamén coñecido como correo lixo ou spam) a calquera das listas de Debian está prohibido. Aos autores destes envíos poderánselle bloquear os envíos ás listas e ser notificados ás autoridades relevantes.

Os xestores das listas de Debian fan todo o que poden para evitar que cheguen ás listas tantos destes correos como sexa posíbel. Un día normal bloquéanse máis de 40.000 destas mensaxes.

Moitas das regras que usamos para bloquear aos «spammers» e ás súas mensaxes fóronnos notificadas polos subscritores. Se quere axudar a reducir a cantidade de correo lixo inda máis, apreciarase moito a súa axuda.
Para notificar o correo lixo correctamente terá que facer o seguinte:

Terá unha resposta en cando en canto atendamos o seu envío.
Teña en conta que só se actuará nas mensaxes de correo lixo notificadas que se enviaran nas últimas horas, porque non ten sentido ter regras de filtrado antigas.
Ademais, non envíe listas de regras preempaquetadas que atope nalgún lugar. Moi raras veces dan bos resultados nas nosas listas, que reciben un tráfico bastante especial.

Non permita que ningún correo dos que reciba dunha lista de Debian se envíe a un sistema automático de notificacións de correo lixo. Facelo normalmente dana a todos os usuarios e obrigaranos a impedir que reciba tráfico das listas de Debian ata que probe que non o volverá a facer.

Pode atopar máis esforzos para reducir o correo lixo nas listas e no arquivo https://lists.debian.org/ en https://wiki.debian.org/Teams/ListMaster/ListArchiveSpam