Instalar Debian por internet
Este método de instalación de Debian precisa dunha conexión a internet en funcionamento durante a instalación. Comparado cos outros métodos acabará descargando menos datos, xa que o proceso seguirá os seus requirimentos. Pódense usar conexións ethernet e sen fíos. As tarxetas ISDN internas, desafortunadamente, non.
Existen catro opcións para instalar desde a rede:
CDs pequenos
As seguintes son ficheiros de imaxe de ata 180 MB, axeitadas para gravar en pequenos discos CD-R(W), de 80 mm / 3.1" de diámetro. Escolla a arquitectura do se procesador embaixo.
Para obter máis detalles, consulte: Instalación de rede desde un CD mínimo
CDs minúsculos, dispositivos USB, etc.
Pode descargar un par de ficheiros de imaxe de pequeno tamaño, axeitados para dispositivos USB e similares, gravalos, e despois iniciar a instalación iniciando desde eles.
Existen diferentes posibilidades segundo a arquitectura para instalar de varias imaxes moi pequenas.
Para obter máis detalles, consulte o
manual de instalación para
a súa arquitectura, especialmente o capítulo
«Obter medios de instalación do sistema»
.
Aquí están as ligazóns aos ficheiros de imaxe dispoñíbeis (lea o ficheiro MANIFEST para obter máis información):
Arranque por rede
Pode configurar un servidor TFTP e outro DHCP (ou BOOTP, ou RARP) que servirá os medios de instalación ás máquina da súa rede local. Se a BIOS da súa máquina cliente o permite, poderá arrancar o sistema de instalación de Debian desde a rede (usando PXE e TFPT), e proceder ca instalación do resto de Debian desde rede.
Non todas as máquinas permiten arrancar desde a rede. Este método non se recomenda para os usuarios novatos, debido ó traballo adicional requirido.
Para obter máis detalles, consulte o
manual de instalación
para a súa arquitectura, especialmente o capítulo
«Preparar ficheiros para o arranque por rede TFTP»
.
Aquí están as ligazóns aos ficheiros imaxe (lea o ficheiro MANIFEST para obter máis información):
