Paquetes

Notas introdutorias

Todos os paquetes incluídos na distribución oficial de Debian son libres de acordo coas directrices de software libre de Debian (DFSG). Isto asegura o libre uso e redistribución dos paquetes e do seu código fonte ao completo. A distribución oficial de Debian é o que está contido na sección main (principal) do arquivo de Debian.

Como servizo para os nosos usuarios, tamén fornecemos paquetes en seccións separadas que non se poden incluír na distribución main debido a licenzas restritivas ou problemas legais. Isto inclúe:

Contrib
Os paquetes nesta área teñen licenzas libres concedidas polo propietario dos dereitos de autor, pero depende de software que non é libre.
Non-Free
Os paquetes nesta área teñen licenzas con condicións problemáticas que restrinxen o uso ou redistribución do software.

Fíxese en que algúns paquetes poden aparecer en varias distribucións, pero con diferente número de versión.


Ver listas dos paquetes

Ver os paquetes na distribución stable

Esta é a última publicación oficial da distribución Debian. Este é software estábel e ben probado, que cambiará só en caso de incorporar arranxos a problemas graves de seguridade ou usabilidade.

Consulte as páxinas da publicación «stable» para ter máis información.

Ver os paquetes na distribución testing

Esta área contén paquetes que se espera formen parte da seguinte distribución estábel. Hai uns criterios estritos que un paquete en «unstable» (consulte abaixo) debe cumprir antes de poder ser engadido a «testing». Advírteselle de que «testing» non recibe actualizacións de seguridade urxentes do equipo de seguridade.

Consulte as páxinas da distribución «testing» para ter máis información.

Ver os paquetes da distribución unstable

Esta área contén os paquetes máis recente en Debian. Unha vez que o paquete cumpra os nosos criterios de estabilidade e calidade do empaquetado, será incluído en «testing». «unstable» tampouco recibe a asistencia do equipo de seguridade.

Os paquetes en «unstable» son os menos probados e poden ter problemas o suficientemente graves como para afectar á estabilidade do seu sistema. Só os usuarios con experiencia deberían considerar usar esta distribución.

Consulte as páxinas da distribución «unstable» para ter máis información.


Busca no directorio de paquetes


Buscar en:   

Hai dispoñíbeis atallos para algunhas buscas:


Busca no contido dos paquetes

Este motor de busca permítelle buscar nos contidos das distribucións de Debian por ficheiros (ou por parte do nome dos ficheiros) que forman parte dos paquetes. Tamén pode obter unha lista completa dos ficheiros nun paquete concreto.

   
Mostrar:



Tamén se dispón dun atallo: