A distribución «unstable» (inestábel): «sid»
O nome en clave para a distribución de desenvolvemento de Debian é «sid»
, ligada
a «unstable»
. A maior parte do traballo de desenvolvemento que se fai en Debian
súbese a esta distribución. Esta distribución nunca será publicada. En vez diso, os
seus paquetes propagaranse a «testing» e de aí ás publicacións reais.
Advírteselle de que as actualizacións de seguridade para a distribución
«unstable»
non son xestionadas polo equipo de seguridade.
Por iso, «unstable»
non recibe actualizacións de seguridade
suficientemente rápido. Se quere máis información, consulte o
FAQ do equipo de seguridade.
«sid»
está suxeita a grandes cambios e substitucións de bibliotecas. Isto
pode ocasionar un sistema moi inestábel
, con paquetes que non poden
ser instalados por falta de bibliotecas, dependencias que non se poden cumprir,
etc. Úseo baixo a súa propia responsabilidade!