Debian en CD

Debian en CD

Aviso! Esta tradución está moi desfasada, consulte o orixinal.

Se quere obter Debian en CD, consulte embaixo polas opcións dispoñíbeis. En caso de ter problemas consulte o FAQ sobre os CDs de Debian.

Se simplemente quere instalar Debian e ten conexión a internet no computador onde o vai instalar, considere os medos para a instalación por rede que é unha descarga máis pequena.

Os CDs das publicacións oficiais están asinadas para que poida verificar que son auténticas.

Debian está dispoñíbel para diferentes arquitecturas de computadores. Asegúrese de estar obtendo as imaxes que encaixen co seu computador! (A maioría da xente precisará as imaxes para «i386», p. ex. os sistemas Intel.) Unha vez que teña creados os seus propios CDs, pode que estea interesado no material gráfico para as portadas dos CDs de Debian.

Última publicación oficial das imaxes en CD de «stable»: 12.5.0.
(As capturas da distribución «testing» créanse semanalmente..)

Pode atopar información sobre os problemas coñecidos ca instalación na páxina de información da instalación.
Para as publicacións máis antigas, algúns problemas específicos da instalación desde imaxes de CD publicáronse en unha páxina da publicación en CDs separada.