Contactando connosco

Debian é unha organización grande e hai moitas formas de contactar con ela. Esta páxina recompila os modos de contacto que se demandan máis a miúdo; non é en absoluto exhaustiva. Consulte as demais páxinas para coñecer outros métodos de contacto.

Fíxese en que a maioría de enderezos de correo electrónico que se listan embaixo son listas de correo abertas, con arquivos públicos. Lea o descargo de responsabilidade antes de enviar ningunha mensaxe.

O inglés é o idioma común para a comunicación cos desenvolvedores de Debian. Por iso pedimos que as consultas iniciais aos desenvolvedores se fagan en inglés. De non ser posible, contacte a través da lista de correo de usuarios para o seu idioma.

Información xeral

A maioría da información sobre Debian recóllese no noso sitio web, http://www.debian.org/, así que navegue e busque nel antes de contactar connosco.

As nosas preguntas frecuentes (FAQ) darán resposta a moitas das súas cuestións. Tamén pode obter a versión PostScript, texto plano ou HTML empaquetado dese documento no sitio FTP.

As dúbidas sobre o proxecto Debian en xeral poden enviarse á lista de correo debian-project en debian-project@lists.debian.org. Non envíe dúbidas sobre o uso de Linux a esa lista, para iso siga lendo.

Instalación e uso de Debian

Se está seguro de que a documentación dos medios de instalación ou do noso sitio non ofrecen unha solución ao seu problema, existe unha lista de correos para usuarios moi activa onde usuarios e desenvolvedores de Debian poden responder as súas cuestións: a lista de correo debian-user. Todas as cuestións sobre

deben enviarse a esa lista. Simplemente subscríbase a debian-user e envíe a súa cuestión a debian-user@lists.debian.org.

Adicionalmente, existen listas de correo para falantes de diversos idiomas. Consulte a información de subscrición a listas de correo internacionais.

Ademais, pode navegar polas nosas listas de correo como se fosen grupos de noticias, usando unha interface web, como Google ou Gmane.

Se cree que atopou un fallo no noso sistema de instalación, envíe a información sobre o mesmo a debian-boot@lists.debian.org ou encha un informe de fallo no pseudopaquete debian-installer.

Publicidade / Prensa

Quen queira pedir información para artigos, ou enviar novas para a nosa páxina de novas, debe contactar co noso departamento de publicidade.

Eventos / Conferencias

As invitacións a conferencias e mostras ou outro tipo de eventos deben enviarse ao departamento de eventos. As peticións de panfletos, pósters e participacións en Europa deben enviarse á lista de eventos europea.

Axuda a Debian

Se quere contactar con Debian para ofrecer axuda, consulte antes as posíbeis formas en que pode axudar.

Se quere manter unha réplica de Debian consulte as páxinas sobre replicar Debian. As novas réplicas envíanse usando este formulario. Os problemas coas réplicas existentes pódense notificar a mirrors@debian.org.

Se quere vender CDs de Debian, consulte a información para vendedores de CDs. Para aparecer na lista de vendedores de CDs use este formulario.

Notificar problemas nos paquetes de Debian

Se quere rexistrar un fallo nun paquete de Debian, temos un sistema de seguimento de incidencias onde pode informar facilmente do seu problema. Lea as instrucións para encher os informes de fallos.

Se só quere comunicarse co mantedor dun paquete de Debian, pode usar o enderezo de correo especial configurado para cada paquete. Calquera correo enviado a <nome do paquete>@packages.debian.org será reenviado ao mantedor responsábel dese paquete.

Se quere advertir aos desenvolvedores dun problema de seguridade en Debian de forma discreta, envíe un correo electrónico a security@debian.org.

Desenvolvemento de Debian

Se ten cuestións que están máis relacionadas co desenvolvemento, existen varias listas de correo de desenvolvemento en Debian que pode usar para contactar cos nosos desenvolvedores.

A lista xeral de desenvolvemento é debian-devel: pode subscribirse a ela e enviar un correo electrónico a debian-devel@lists.debian.org.

Problemas coa infraestrutura de Debian

Para informar dun problema cun servizo de Debian normalmente poderá enviar un informe de fallo no pseudo-paquete apropiado.

Como alternativa, pode usar o correo electrónico para contactar con eles.

Editores da páxina web
Paquete: www.debian.org
debian-www@lists.debian.org
Tradutores da páxina web
Jorge Barreiro <yortx.barry@gmail.com>
Administradores da base de datos de desenvolvedores
admin@db.debian.org
Administradores das listas de correo e mantedores dos arquivos
Paquete: lists.debian.org
listmaster@lists.debian.org
Administradores do sistema de seguimento de incidencias
Paquete: bugs.debian.org
owner@bugs.debian.org

Problemas de acoso

Debian é unha comunidade que valora o respecto e o diálogo. Se é vítima de calquera comportamento que o dane ou sente que foi acosado, tanto se é durante unha conferencia ou «sprint» organizado polo proxecto, ou a través das interaccións xerais do proxecto, contacta connosco en: antiharassment@debian.org.

Tamén temos unha lista completa de diferentes postos e correos electrónicos que usar para contactar con diferentes partes da organización.