Aviso! Esta tradución está moi desfasada, consulte o orixinal.

Instalar Debian por internet

Este método de instalación de Debian precisa dunha conexión a internet en funcionamento durante a instalación. Comparado cos outros métodos acabará descargando menos datos, xa que o proceso seguirá os seus requirimentos. Pódense usar conexións ethernet e sen fíos. As tarxetas ISDN internas, desafortunadamente, non.

Existen tres opcións para instalar desde a rede:

CDs pequenos

Os seguintes son ficheiros de imaxe de ata 280 MB. Escolla a arquitectura do seu procesador embaixo.

Para obter máis detalles, consulte: Instalación de rede desde un CD mínimo

CDs minúsculos, dispositivos USB, etc.

Pode descargar un par de ficheiros de imaxe de pequeno tamaño, axeitados para dispositivos USB e similares, gravalos, e despois iniciar a instalación iniciando desde eles.

Existen diferentes posibilidades segundo a arquitectura para instalar de varias imaxes moi pequenas.

Para obter máis detalles, consulte o manual de instalación para a súa arquitectura, especialmente o capítulo «Obter medios de instalación do sistema».

Aquí están as ligazóns aos ficheiros de imaxe dispoñíbeis (lea o ficheiro MANIFEST para obter máis información):

Arranque por rede

Pode configurar un servidor TFTP e outro DHCP (ou BOOTP, ou RARP) que servirá os medios de instalación ás máquinas da súa rede local. Se a BIOS da súa máquina cliente o permite, poderá arrancar o sistema de instalación de Debian desde a rede (usando PXE e TFPT), e proceder coa instalación do resto de Debian desde a mesma.

Non todas as máquinas permiten arrancar desde a rede. Este método non está recomendado para os usuarios novatos, debido ao traballo adicional requirido.

Para obter máis detalles, consulte o manual de instalación para a súa arquitectura, especialmente o capítulo «Preparar ficheiros para o arranque por rede TFTP».

Aquí están as ligazóns aos ficheiros imaxe (lea o ficheiro MANIFEST para obter máis información):