A distribución «unstable» (inestábel): «sid»

O nome en clave para a distribución de desenvolvemento de Debian é «sid», ligada a «unstable». A maior parte do traballo de desenvolvemento que se fai en Debian súbese a esta distribución. Esta distribución nunca será publicada. En vez diso, os seus paquetes propagaranse a «testing» e de aí ás publicacións reais.

Advírteselle de que as actualizacións de seguridade para a distribución «unstable» non son xestionadas polo equipo de seguridade. Por iso, «unstable» non recibe actualizacións de seguridade suficientemente rápido. Se quere máis información, consulte o FAQ do equipo de seguridade.

«sid» está suxeita a grandes cambios e substitucións de bibliotecas. Isto pode ocasionar un sistema moi inestábel, con paquetes que non poden ser instalados por falta de bibliotecas, dependencias que non se poden cumprir, etc. Úseo baixo a súa propia responsabilidade!