Aviso! Esta tradución está moi desfasada, consulte o orixinal.
As versións de Debian
Debian sempre ten, polo menos, tres versións cun mantemento activo:
stable
(estábel), testing
(en probas) e unstable
(inestábel).
- stable
-
A distribución
«stable»
contén a última versión oficial de Debian.Esta é a versión de produción de Debian, a que recomendamos usar principalmente.
A distribución
«stable»
actual de Debian é a versión 12, co nome en clave de bookworm. Foi inicialmente publicada coa versión 12.0 o 10 de Xuño de 2023 e a súa última actualización, coa versión 12.8, foi publicada o 09 de Novembro de 2024. - testing
-
A distribución
«testing»
contén paquetes que non foron aínda aceptados na distribución«stable»
, pero están na cola para iso. A principal vantaxe de usar esta distribución é que ten versións máis recentes do software.Consulte o FAQ de Debian para obter máis información sobre o que é
«testing»
e como se convirte en«stable»
.A versión actual da distribución
«testing»
é trixie. - unstable
-
A distribución
«unstable»
é onde ten lugar o desenvolvemento activo de Debian. En xeral, esta distribución úsana os desenvolvedores e aqueles aos que lles gusta vivir ao límite.A distribución
«unstable»
ten o nome en clave de sid.
Índice de versións
- A seguinte versión de Debian chámase
trixie
— non se estabeleceu ningunha data de publicación - Debian 9 (
stretch
) — actual versión estábel - Debian 8 (
jessie
) — versión estábel obsoleta - Debian GNU/Linux 7 (
wheezy
) — versión estábel obsoleta - Debian GNU/Linux 6.0 (
squeeze
) — versión estábel obsoleta - Debian GNU/Linux 5.0 (
lenny
) — versión estábel obsoleta - Debian GNU/Linux 4.0 (
etch
) — versión estábel obsoleta - Debian GNU/Linux 3.1 (
sarge
) — versión estábel obsoleta - Debian GNU/Linux 3.0 (
woody
) — versión estábel obsoleta - Debian GNU/Linux 2.2 (
potato
) — versión estábel obsoleta - Debian GNU/Linux 2.1 (
slink
) — versión estábel obsoleta - Debian GNU/Linux 2.0 (
hamm
) — versión estábel obsoleta
As páxinas web das versións obsoletas consérvanse intactas, pero as versións en si só se poden atopar nun arquivo separado.
Consulte o FAQ de Debian para saber de onde veñen todos os nomes.
Integridade dos datos nas publicacións
A integridade dos datos está garantida por un ficheiro Release
asinado dixitalmente. Para asegurarse de que todos os ficheiros na publicación
pertencen a ela, cópianse as sumas MD5 de todos os ficheiros Packages
no ficheiro Release
.
As sinaturas dixitais deste ficheiro gárdanse no ficheiro
Release.gpg
, usando a versión actual da chave de asinado do arquivo.
Para «stable»
e «oldstable»
xérase unha sinatura adicional usando unha
chave sen conexión xerada para cada versión específica por un membro do
equipo da versión estábel (Stable Release Team).