Debian Edu / Skolelinux Bullseye — unha solución Linux completa para a túa escola

15 de Agosto de 2021

Es o administrador dunha sala de ordenadores ou da rede de toda unha escola? Gustaríache que os servidores, estacións de traballo e portátiles que instalen podan funcionar xuntos? Queres a estabilidade de Debian cos servizos de redes preconfigurados? Gustaríache ter unha ferramenta na rede para xestionar sistemas e centos de contas de usuario? Algunha vez pensaches en de que forma, e como, poderías darlle novos usos aos ordenadores vellos?

Entón Debian Edu é o que buscas. Os mesmos profesores ou o seu servizo técnico poden preparar un sistema completo de estudo multiusuario para varias máquinas nuns poucos días. Debian Edu ven con centos de aplicacións preinstaladas, e sempre podes engadirlle máis paquetes de Debian.

O equipo de desenvolvemento de Debian Edu está ledo por poder anunciar Debian Edu 11 Bullseye, a versión de Debian Edu / Skolelinux baseada na versión Debian 11 Bullseye. Por favor pensa en probala e cóntanos que che parece (<debian-edu@lists.debian.org>) para poder axudarnos a mellorala máis.

Sobre Debian Edu e Skolelinux

Debian Edu, tamén chamado Skolelinux, é unha distribución de Linux baseada en Debian que fornece un ambiente preconfigurado do trinque dunha rede escolar completamente configurada. Inmediatamente despois da instalación, un servidor da escola executando todos os servizos necesarios para a rede escolar configúrase, esperando a que se engadan usuarios e máquinas a través de GOsa², unha cómoda interface na rede. Un ambiente netboot (arrancar dende a rede) é preparado, para que despois da instalación inicial do servidor principal dende un CD / DVD / BD ou memoria USB o resto das máquinas póidanse instalar a través da rede. Os ordenadores máis vellos (sobre os 10 anos de idade) pódense usar como clientes lixeiros ou estacións de traballo LTSP (Proxecto Linux de Servidor con Terminal), arrancando dende a rede sin necesitar instalación ou configuración algunha. O servidor escolar Debian Edu mantén unha base de datos LDAP e un servizo de autenticación Kerberos; tamén centraliza os cartafoles persoais; xestiona un servidor DHCP, un proxy web e moitos servizos máis. O ambiente de escritorio contén máis de 80 paquetes con programas educacionais, e moitos máis están dispoñibles no arquivo de Debian. As escolas poden elixir entre os ambientes de escritorio Xfce, GNOME, LXDE, MATE, KDE Plasma, Cinnamon, e LXQt.

Novas características en Debian Edu 11 Bullseye

Estes son algúns exemplos sacados das notas da versión Debian Edu 11 Bullseye, baseada na versión 11 Bullseye de Debian. A lista completa incluíndo máis detalles é parte do relacionado capítulo do manual de Debian Edu.

Opcións para descargar, pasos para instalar e manual

Están dispoñibles imaxes de CD para as versións do Instalador por Rede Oficial de Debian para ordenadores de 64 e 32 bits. A antiga imaxe de 32 bits só será necesaria en casos especiais (ordenadores de máis de 15 anos). As imaxes pódense descargar nos seguintes sitios:

Tamén están dispoñibles coma alternativa imaxes BD oficiais de Debian (máis de 5 GB). É posible configurar unha rede Debian Edu completa sen unha conexión a Internet (incluíndo todos os ambientes de escritorio e localización para todas as linguas que permite Debian). As imaxes pódense descargar dos seguintes sitios:

As imaxes pódense verificar usando as sumas de comprobación que están no cartafol de descargas.
Cando teñas descargada a imaxe, podes comprobar que

Para máis información sobre como realizar estes pasos consulta a guía de verificación.

Debian Edu 11 Bullseye está completamente baseado en Debian 11 Bullseye; polo tanto as fontes de todos os paquetes están dispoñibles no arquivo de Debian.

Por favor consulte a páxina co estado de Debian Edu Bullseye. para obter información de última hora sobre Debian Edu 11 Bullseye, incluíndo instrucións sobre como usar rsync para descargar as imaxes ISO.

Se actualizas dende Debian Edu 10 Buster por favor lea o capítulo no manual de Debian Edu.

Para as notas da instalación por favor lea o capítulo no manual de Debian Edu axeitado.

Despois da instalación necesitas facer estes primeiros pasos.

Por favor vexa as páxinas wiki de Debian Edu para obter a última versión en inglés do manual de Debian Edu Bullseye. O manual está traducido ao alemán, francés, italiano, danés, neerlandés, noruegués bokmål, xaponés, chino simplificado e portugués de Portugal. Existen traducións parciais en castelán, romanés e polaco. Está dispoñible unha vista xeral de as últimas versións publicadas do manual.

Pódese atopar máis información sobre Debian 11 Bullseye nas notas da versión e no manual de instalación. Véxase https://www.debian.org/.

Sobre Debian

O proxecto Debian é unha asociación de desenvolvedores de Software Libre que traballan voluntariamente para producir o sistema operativo completamente libre Debian.

Información de Contacto

Para máis información, por favor visite as páxinas web de Debian en https://www.debian.org/ ou envíe un correo a <press@debian.org>.