Documentación

A documentación, os manuais técnicos que describen a operativa e uso dos aplicativos, son unha parte importante de todo sistema operativo. Como parte dos esforzos por crear un sistema operativo de alta calidade, o proxecto Debian esfórzase en proporcionar aos seus usuarios unha documentación axeitada de forma facilmente accesible.

Comezo rápido

Se é novo en Debian recomendámoslle que comece por ler:

Teña estes documentos a man cando realice a súa primeira instalación de Debian. Responderán moitas cuestións e axudaranlle a traballar co seu novo sistema Debian. Máis tarde pode querer continuar con:

Finalmente, asegúrese de imprimir e ter sempre a man a tarxeta de referencia de Debian GNU/Linux, unha lista dos comandos máis importantes nun sistema Debian.

Hai bastante máis información listada a continuación.

Tipos de documentación

A maioría da documentación incluída en Debian foi escrita para GNU/Linux en xeral. Tamén hai documentación escrita especificamente para Debian. Estes documentos poden dividirse nestas categorías básicas:

Manuais

Os manuais parecen libros, xa que describen temas importantes de forma exhaustiva.

Manuais específicos de Debian

Pode atopar a lista completa de manuais de Debian e outra documentación nas páxinas web do proxecto de documentación de Debian.

Tamén hai varios manuais para usuarios de Debian GNU/Linux dispoñíbeis en formato impreso.

Manuais para GNU/Linux en xeral

Algúns dos documentos e manuais máis coñecidos para Linux son «Instalando e comezando con Linux», «Guía dos usuarios de Linux», «Guía dos administradores de rede», «Guía dos administradores de sistemas», entre outros.

A documentación de Linux coordínase a través dos esforzos do proxecto de documentación de Linux (Linux Documentation Project, LDP). Pode atopar a colección completa de manuais do LDP na súa páxina web, con moita outra documentación, tanto en formato electrónico como impreso.

Receitas (HOWTOs)

Os documentos de receitas (HOWTO), como o seu nome indica, describen os pasos dunha receita para facer algo, e normalmente cobren un tema máis específico.

Algunhas das receitas máis importantes de Linux son:

Preguntas comúns (FAQs)

FAQ é acrónimo de frequently asked questions (preguntas comúns). Un FAQ é un documentos que responde a esas preguntas.

O FAQ de Linux contén información sobre Linux en xeral.

As cuestións especificamente sobre Debian respóndense no FAQ de Debian. Tamén hai un FAQ independente sobre as imaxes de CD/DVD de Debian .

Consulte o índice de FAQs do LDP para obter máis información.

Outros documentos máis curtos

Os seguintes documentos inclúen instrucións máis rápidas e curtas:

páxinas do manual
Tradicionalmente, todos os programas de Unix se documentan con páxinas do manual, manuais de referencia dispoñíbeis ca orde man. Normalmente non están pensados para novatos. Pode buscar e consultar as páxinas do manual dispoñíbeis en Debian en http://manpages.debian.net/.
ficheiros info
Moito do software de GNU documéntase mediante ficheiros info en lugar de en páxinas do manual. Estes ficheiros inclúen información detallada sobre o propio programa, opcións e exemplos de uso e están dispoñíbeis a través da orde info.
ficheiros README (léame) variados
Os ficheiros léame tamén son comúns — son simples ficheiros de texto que describen un só elemento, normalmente un paquete. Pode atopar moitos deles nos subcartafois de /usr/share/doc/ no seu sistema Debian. Cada paquete terá un subcartafol aí, co seu propio ficheiro «léame», e pode incluír tamén exemplos de configuración. Fíxese que para aplicativos grandes, a documentación normalmente ven en un paquete separado (co mesmo nome que o paquete orixinal, pero acabado en -doc).
tarxetas de referencia rápida

As tarxetas de referencia rápida son resumos moi curtos dun (sub)sistema concreto. Normalmente estas tarxetas traen as ordes de usuario máis comúns nun só folio. Algunhas das tarxetas de referencias e coleccións son:

Tarxeta de referencia de Debian GNU/Linux
Esta tarxeta, que pode ser impresa nun só folio, ofrece unha lista das ordes máis importantes e é unha boa referencia para os novos usuarios de Debian que queiran familiarizarse con elas. Requírese polo menos ter un coñecemento básico do computador, ficheiros, directorios e da liña de ordes. Os usuarios novatos deberían ler antes a referencia de Debian.
refcards.com
Unha colección de tarxetas de referencia rápida centradas principalmente no software libre e de código aberto
Tarxetas de referencia rápida
Unha colección de tarxetas de referencia rápida para os aplicativos e linguaxes de programación máis coñecidos.

Se xa comprobou os anteriores recursos e aínda así non atopa resposta ás súas cuestións ou solución aos seus problemas sobre Debian, bótelle unha ollada á nosa páxina de asistencia.